Feridas tres persoas tras unha colisión entre tres vehículos en Santa Comba

O choque ocorreu pouco antes das 12,00 horas na AC-400.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas este luns por mor dunha colisión entre outros tantos vehículos no concello coruñés de Santa Comba. Segundo informou o 112, o choque ocorreu pouco antes das 12,00 horas na AC-400, entre Santa Comba e Pereiras. Un dos implicados necesitou a axuda dos bombeiros para estabilizar o vehículo e retirar unha xanela.

En total, tres persoas resultaron feridas, unha en cada vehículo, aínda que sen gravidade e a pesar da a situación na que quedaron os vehículos. As dotacións de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ocupáronse da atención e traslado dos feridos e as forzas da orde, Policía Local e Garda Civil de Tráfico, recolleron toda a información sobre o sinistro para a súa posterior reconstrución.

Colisión entre dous vehículos.
Colisión entre dous vehículos. | Fonte: 112 Galicia.. 112 GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta