Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 14/04/2024 | Actualizada ás 10:52
Un home, de 81 anos, perdeu a vida tras saírse da vía co seu vehículo na estrada que conduce de San Cristovo a Grixoa, na parroquia de Mallón, en Santa Comba. Segundo informou o 112, foi ao fío das 21.45 horas do sábado cando un particular alertou dos feitos e explicou que o coche estaba envorcado lateralmente e que o implicado non respondía á súa chamada.
A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros indicaron que a persoa, única ocupante do vehículo, estaba liberada e accesible. Con todo, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.