Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 13:13
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os titulares dos Executivos de Andalucía, Juanma Moreno; Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; e de Baleares, Marga Prohens, desprazaranse a Euskadi nesta última semana de campaña para apoiar ao candidato popular, Javier de Andrés.
En concreto, este mércores 17 está convocado un acto do aspirante popular con catro presidentes autonómicos no Palacio Euskalduna, en Bilbao. Fontes do PPdeG confirmaron a Europa Press que pola tarde está previsto que Rueda manteña un encontro con directivos de centros galegos de Biscaia no Centro Galego de Santurtzi.
Pola súa banda, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, desprazarase de novo o venres a Euskadi para pór o broche á campaña dos populares vascos, cun acto político pola tarde no polideportivo de Sansomendi de Vitoria. Alí, xunto a Javier de Andrés, pedirá o voto ao PP como "única garantía" de que EH Bildu non acceda ao Goberno Vasco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.