Sae fumando un porro tras ser interceptado nun control de velocidade

Enfróntase a unha multa de 1.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/04/2024 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a unha multa de 1.000 euros e perda de seis puntos do carné de conducir tras dar positivo na proba de drogas dun control da Policía Local de Poio ao que se achegou fumando un porro.

Segundo informou o corpo, os axentes déronlle o alto no transcurso dun control preventivo de velocidade na zona de San Salvador. O condutor excedeu a velocidade permitida e chegou circulando ata o control fumando un porro que, posteriormente, os axentes comprobaron que efectivamente se trataba de sustancias estupefacientes.

A policía realizoulle o test salivar de drogas no que arroxou un resultado positivo. A infracción supón unha multa de 1.000 euros e a perda de seis puntos de carné e, ademais do exceso de velocidade, o vehículo quedou inmobilizado.

Mozos fumando porros
Mozos fumando porros | Fonte: Pixabay - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta