Falece a poeta e activista compostelá Luz Fandiño aos 92 anos

Así o confirmou en redes sociais a rexedora santiaguesa, Goretti Sanmartín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2024 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A poeta e activista compostelá Luz Fandiño faleceu aos 92 anos este domingo, segundo confirmou en redes sociais a rexedora santiaguesa, Goretti Sanmartín.

Nada no barrio de Sar no ano 1931, Fandiño emigrou primeiro a Arxentina e máis tarde a Francia para regresar a finais da década de 1970 a Santiago de Compostela, onde se estableceu definitivamente. Ademais da súa faceta literaria, na que profundou nas letras a través da poesía, Luz Fandiño participou activamente ao longo da súa vida nos movementos sociais da capital galega.

A súa vida foi relatada no documental estreado en 2020 'A poeta analfabeta', dirixido por Sonia Méndez. Ademais, Santiago organiza desde hai dous anos un certame literario inspirado na súa figura denominado 'Luz poética'.

"Hoxe é un día moi triste en Compostela e en Galiza. O concello lembrará a quen con tanto entusiasmo viviu e loitou connosco. Que a terra che sexa leve, bienquerida Luz!", publicou Goretti Sanmartín no seu perfil de 'X'.

Np Depo Ciclo Mestre Mateo Proxeccion 'A Poeta Analfabeta'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Np Depo Ciclo Mestre Mateo Proxeccion 'A Poeta Analfabeta'. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

O Concello de Santiago trasladou que na tarde do próximo domingo terá lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego un acto de homenaxe a Luz Fandiño, que será despedida na tarde deste luns no Tanatorio de Boisaca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta