Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/05/2024 | Actualizada ás 17:57
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu hoxe a xura ou promesa da 45ª promoción da quenda libre de trece letradas e letrados da Administración de Xustiza, que exercerán a súa función nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba.
O acto estivo presidido por José María Gómez e Díaz-Castroverde, presidente do TSXG, e dirixido polo secretario do Goberno, Juan José Martín Álvarez, quen durante o seu discurso destacou varios dos principios sobre os que deben sentar as bases do exercicio da súa profesión.
Entre eles están, dixo, "a colaboración cos xuíces e fiscais e a cohesión, así como a empatía" coa cidadanía e compañeiros e compañeiras. Tamén insistiu en que os letrados da Administración de Xustiza deben "liderar" o traballo en equipo. Ao acto asistiron, ademais de familiares e amigos dos letrados e letradas, autoridades xudiciais e civís, entre elas o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.