O director xeral contra a Violencia de Xénero sobre o caso do edil da Illa: "Non é unha decisión da Xunta"

Antonio Barba rexeitou este martes entrar a valorar a reincorporación ás filas do PP do concelleiro da Illa que fora condenado por un delito de violencia de xénero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Antonio Barba, rexeitou este martes entrar a valorar a reincorporación ás filas do PP do concelleiro da Illa que fora condenado por un delito de violencia de xénero (apartado hai un ano), alegando que se trata dunha "decisión política". "Non podo nin debo entrar en polémicas que son decisións orgánicas de partidos políticos", dixo o director xeral en resposta a preguntas dos medios sobre esta cuestión que, lembrou, "non é unha decisión da Xunta", polo que, en todo caso, "terían que contestar os responsables" de tomala.

Ao ser repreguntado sobre se non analizará cuestións deste tipo que afecten a calquera partido político, Antonio Barba engadiu que "en principio, non", dado que se trata de "unha persoa técnica" que se incorporou ao persoal da Xunta para "implementar medidas técnicas a fin de paliar a violencia de xénero". "Non podo entrar en decisións meramente políticas porque creo que non son o meu labor", finalizou.

Matías González Cañón, cando era candidato do PP na Illa
Matías González Cañón, cando era candidato do PP na Illa | Fonte: PPdeG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta