Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/05/2024 | Actualizada ás 14:19
Un grupo de siareiros de varios equipos galegos de todo o país piden a oficilización da seleción galega de fútbol. Por iso, aproveitando o partido do vindeiro 31 de maio, realizarán un acto reivindicativo no propio estadio de xogo para reclamar "unha nación,unha selección".
Nun comunicado conxunto, case 50 peñas futboleiras de distintos equipos galegos critican que "aos gobernantes actuais non lles importa as mínimas posibilidades de que Galiza conte cunha selección oficial". Neste sentido, critican á Federación Galega de Fútbol e a actual Xunta por non trablalar a prol da oficilidade da selección galega.
Por outra banda, critican a data elixida xa que coincide coa previa dos Play-off de ascenso de moitos equipos galegos, o que afectará a participación de xogadores deses equipos no partido. Por todo isto, estegrupo de peñas anuncia que preparan unha mobilización para ese mesmo día antes do partido, baixo o lema "unha nación, unha selección".
O listado de asinantes é a seguinte:
A Desfeita
Arraianos
Bancada Picheleira
Boinas Celestes
Brigadas Lucenses
Casco Vello de Vigo P.C.
Celtabirras
Chokoslovakos
Colectivo Nós
Esmorga Zeleste
Fende Testas
Fóra de Xogo
Fossa Grana
Goian Gangsters
Irmandiños
Krusadas Boirenses
Knebep CDL
Le-chuzas Celestes
Merlegos Celestes
Norte Celeste
Ouligans
Old Faces RCD
Penya Blau Cel
P.C.Tudense Evaristo
P.C. Zeru Urdin
P.D. Bebel Guitiriz
P.D. Faluya
P.D. La Coz
P.D. La Estrella
P.D. Neria de Cée
P.D. O Berro do Xabreiro
P.D. Orgullo Koruño
P.D. Pulpeiros Mugardos
P.D. Tralla Brava
P.D. Unai-Cheka
Peña Celta do Miño
Peña Natxo Insa
Riazor Blues
Siareirxs Granates
Siareiros Dezaos
Siareiros do Fortuna
Teixugos Celestes
Tropas de Breogán
Tropas de Flores
Zona Norte
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.