O PSOE de Lugo sobre os chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco: "Son os métodos que usa o PP para alcanzar o poder"
A secretaria xeral do PSOE de Lugo, Ana González, criticou as "malas praxes" que supostamente levou a cabo o Goberno de Mariano Rajoy tras coñecerse que recibiu información con antelación sobre actuacións xudiciais socialistas, como os rexistros que se ían a realizar na Deputación e o Concello de Lugo, dúas institucións que estaban gobernadas naquel momento por José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco, respectivamente.