Ata 10 anos de inhabilitación para un aparellador que mentiu cando declaraba como perito nun xuízo

O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2024 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro xoves a un aparellador acusado de prestar falso testemuño cando declaraba como perito nun xuízo relacionado cunha obra. En concreto, os feitos remóntanse a setembro de 2020, cando o home, en calidade de perita-testemuña, compareceu no marco dun xuízo contra unha comunidade de veciños por unhas obras de instalacion do ascensor. O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida.

Con todo, esta declaración contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municipal, realizado unhas semanas antes, onde apuntaba que este ascensor non serviría para cadeiras de rodas, aínda que "si facilitaría o acceso aos pisos de persoas con diversas limitacións de mobilidade". O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de falso testemuño, polo que pide para o procesado 15 meses de prisión e inhabilitación para a súa profesión ou oficio durante 10 anos, así como 1.500 euros de multa.

Ascensor
Ascensor | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta