Máis que portas ao sol

Hai poucos días saiu aprobada a normativa que regula o autoconsumo eléctrico en España. Un feito ainda novedoso e sorprendente aquí, tanto en “contenido como en continente”. Cun reducido límite de 10 kW, toda autoproducción de electricidade que exceda deste límite, e que polo tanto supoña verter excedente á rede eléctrica, terá que afrontar unha penalización económica por kW, en base á descompensación e competencia desleal que eses vertidos poden supor fronte ao mercado tradicional eléctrico en España.

Por Rosa Regueiro | Compostela | 22/10/2015 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Compre reflexionar outra vez: que diferencias hai aquí en relación a outros países de Europa que levan apostando polo autoconsumo eléctrico desde hai mais de 40 anos? Será que as empresas eléctricas que operan neses países non queren maximizar beneficios? Implicará o autoconsumo eléctrico en base a fontes renovables unha distorsión do sistema eléctrico que as empresas eléctricas ven ameazado o seu futuro?. Simplemente, apuntar alguns matices:

-a planificación enerxética integral é un elemento estratéxico xeopolítico para poder apostar por un desenvolvemento eficiente e sostible. Coñecer as vantaxes competitivas en termos de recursos enerxéticos propios, situar os centros de producción cerca dos centros de consumo e diseñar unha rede eléctrica con soporte suficiente para a demana efectiva son claves para poder minimizar custes e garantir suministros. Neste senso, a aposta por un proceso de xeración eléctrica en base ao autoconsumo preséntase como un elemento mais do sistema, que non xenera distorsións na participación das grandes empresas eléctricas (caso de E.On e Enel, en Dinamarca e Alemaña, por exemplo).

-a seguridade xurídica confire importancia vital á hora de garantir o desenvolvemento de calquera actividade, e sobre todo no complicado sector enerxético. Pero tal seguridade xurídica apuntálase sobre a necesidade de regular todas as competencias e de todos os axentes en conxunto, de forma que non se distorsione o funcionamento global. Se a norma centra o seu interese de forma reiterada sobre un dos axentes e por outra parte, cambia o escenario de forma continuada, non se logra apostar por un avance sostible nin eficiente. 

-a participación dos consumidores-pequenos productores-pequenos inversores é unha tónica habitual e continuada nos sistemas enerxéticos dos países mais avanzados, e a recente crise sistémica puxo de manifesto a súa importancia estratéxica á hora de garantir investimentos enerxéticos. A posta en marcha de actuacións de autoproducción conectada por microredes non altera o funcionamento da rede convencional nin supón menoscabo no obxectivo empresarial das grandes empresas  eléctricas

O desenvolvemento económico debe ser ordenado, e nese orden, compre considerar a participación de todos os recursos disponibles e de todos os axentes implicados. Solo así se conseguirá un avance sostido, sen vetos, e sen custes inasumibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta