Unha aplicación de móbil galega para salvar vidas

Enxeñeiros de Vigo gañan a fase rexional do concurso europeo navegación satélite.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/10/2015 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Un equipo de dez enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo capitaneados por Alberto González gañou o primeiro premio rexional do concurso europeo de navegación por satélite ESNC 2015.

Os teléfonos móbiles terán dispositivos 5G
Os teléfonos móbiles terán dispositivos 5G

Segundo informaron os seus promotores nun comunicado, o 'Point and pin' é unha aplicación para móbiles que permite enviar aos servizos de emerxencia unha foto coa localización exacta dun accidente ou calquera outro desastre remoto como un lume.

Mediante o receptor GPS e sistemas de aumentación como EGNOS, utiliza a cámara de fotos e os sensores do móbil para obter a localización exacta dun punto remoto.

Con este premio rexional do Galileo Masters, convocado por Zona Franca de Vigo, o equipo gañador terá á súa disposición un programa de incubación de doce meses nun dos centros de iniciativas empresariais de Zona Franca de Vigo, onde recibirá a asistencia necesaria para pór en marcha a súa idea de negocio.

Tamén poderá desenvolver a súa empresa co acceso a capital, capacitación a través dunha rede de mentores, apoio de infraestrutura e consultoría intensiva.

O segundo e terceiro premios da fase galega foron para unha aplicación para o navegador do coche que avisa do estado da estrada a un quilómetro vista e noutra que sitúa ao bombeiro en canto activa o seu equipo de comunicacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anónimo

Como avanza a tecnoloxía... Incríbel, agora podes salvarte cun móbil. Aínda que este é máis eficaz, antes tamén podías salvarte facendo unha chamada ou enviando unha mensaxe; e se ías acompañado podía facelo o teu compañeiro. Por certo, participade na enquisa pra saber cal é a forma que vos gustaría que estivese admitida e que fose a correcta no galego: evoluir ou evolucionar? Pra participar ide a https://estensiondogalego.wordpress...