Canceladas conexións de Santiago con Madrid e Bilbao pola folga de persoal de Iberia no aeroporto de Lavacolla

Fontes do sindicato UGT apuntan a sobrecarga de traballo por falta de persoal no aeroporto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A convocatoria de folga por parte de persoal de Iberia no aeroporto de Santiago terá efectos xa este xoves, na primeira das dúas xornadas da mesma, dado que se traducirá na cancelación de dúas conexións con Madrid e unha con Bilbao, ademais dos voos de regreso.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da sección sindical de UGT da compañía na capital galega, que convocaron dúas xornadas de paro --os días 16 e 17, respectivamente-- para denunciar a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal" no aeroporto de Lavacolla.

O sindicato denuncia que a situación aínda se "agrava máis" polo peche do aeroporto de Vigo e, por tanto, polo desvío de carga de traballo cara a Santiago.

En concreto, o sindicato esgrime que hai quendas que mesmo poden ir desde as 5,00 horas ata as 18,00 horas, con xornadas partidas para atender picos de traballo, o que "dificulta seriamente a conciliación da vida laboral e persoal" dos traballadores e traballadoras.

Ademais, incide en que estas "condicións precarias" afectan á saúde dos traballadores e traballadoras de Iberia en Santiago, con riscos "moi serios, tanto físicos como psicolóxicos".

UGT, que tamén convocou unha concentración este xoves para as 12,00 horas nas saídas do aeroporto de Rosalía de Castro, remarca que leva tempo "denunciando esta situación no servizo de 'handling'" da compañía no aeroporto compostelán, e que Iberia "escúdase nun suposto normal funcionamento e dá a calada por resposta".

Avión de Iberia despegando. IBERIA - Arquivo / Europa Press / Europa Press
Avión de Iberia despegando. IBERIA - Arquivo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta