Son 2.314 persoas máis nas listas de desemprego en setembro tras a fin da tempada turística. A Seguridade Social perdeu en Galicia unha media de 7.040 cotizantes.
  comenta   0
Nunha carta remitida aos sindicatos, CC.OO. explicou que o sector afronta unha situación difícil "polo que pode ser o fracaso de Europa pola aposta do vehículo eléctrico" e polas políticas dos fabricantes, "onde só se teñen en conta os custos dos compoñentes e non a súa responsabilidade social empresarial coa comarca e os seus cidadáns".
Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varios paróns por circunstancias parecidas.
Non a apoian os grandes sindicatos; CIG, UGT e CC.OO, mentres que conta co respaldo de CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina.
  comenta   0
A baixada da natalidade en Galicia faise patente: 48.467 nenos (-1.662) cursarán Infantil, 126.531 (-2.368) farán Primaria e outros 97.680 alumnos (-338) a ESO.
  comenta   0
Os sindicatos lembraron que as principais reivindicacións "seguen sendo", o incremento salarial, a equiparación salarial entre o persoal de naves e o administrativo, así como a redución da xornada de seis días á semana, é dicir, sábados incluídos.
  comenta   0
As pensións de retiro ou xubilación están en risco segundo os movementos de pensionistas e outros colectivos sociais. O novo acordo para a reforma das pensións asinouse a tres bandas aínda que para moitos o acordo non representa a realidade que viven moitos e moitas pensionistas. Denuncian falta transparencia e diálogo por non asinar o acordo cos pensionistas, primeiros afectados de esta reforma
  comenta   0
As vagas de calor continuadas fan que algúns sectores laborais estean máis expostos á sinistralidade laboral. O Goberno central quixo frear o risco que levaba traballar en horas centrais do día con temperaturas moi elevadas. Aínda así, as forzas sindicais denuncian que non se están cumprindo normativas en seguridade laboral e sectores como os estaleiros e outros que implican unha forte carga de estrés térmico para os e as traballadoras
  comenta   0
O sindicato UGT chama a "abrir o debate" e propón medidas para abordar a desigualdade e mellorar a distribución do tempo de traballo.
  comenta   0
Un informe de UGT-Galicia destaca que está entreos catro territorios coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado.
  comenta   0
"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou CSIF.
  comenta   0
Esta situación supón de novo, sinalaron, que se incrementan os tempos de resposta ante calquera incidencia e ponse en risco a seguridade en caso de ter que atender máis dunha incidencia simultaneamente.
A Consellería de Sanidade avanzou que licitará os contratos de transporte sanitario non urxente "no prazo máis breve de tempo posible".
  comenta   0
Nun comunicado, UGT apunta a "un seguimento do 100%, excepto os servizos mínimos acordados en Mina Sonia (Mañón) e Serrabal (entre Vedra e Boqueixón)", así como "o non acordados e impostos pola empresa en Sabón (Arteixo, A Coruña)"
  comenta   0
En concreto, referíronse a certos aspectos que supuxeron un "recorte de dereitos" para os empregados, como que o goce de días libres ou vacacións está condicionado agora pola "falta de contratación", quedando así "practicamente a libre disposición da empresa".
UGT FICA denuncia que co incremento que van percibir dous dos directivos de FerroAtlántica, "podería cubrirse o custo do incremento de todas as persoas traballadoras do grupo".
  comenta   0
En concreto, o texto do acordo contempla un incremento salarial fixo do 2 %, ao que se sumaría outro 0,5 % en función da evolución dos prezos.
  comenta   0
Así o pediron á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CIG.
  comenta   0
A Xunta de Galicia aprobou o pasado luns o Pladiga 2024, o plan contra os incendios forestais para este ano. Dentro do plan figura a colocación de máis cámaras de vixilancia en distintos montes. A pregunta que xorde: son efectivos estes sistemas?. "Máis cámaras, menos vixilantes", din desde Atrifoga. Medio Rural defende o sistema.
  comenta   0
Este sindicato médico rnuncia ás subvencións da Xunta e lembra que CIG, CC.OO. e UGT repartense case un millón de euros.
  comenta   0
A organización indicou que o Executivo central pretende establecer en 63 anos a xubilación parcial “cando existe o triplo de desemprego xuvenil” e denunciou que isto supón unha prolongación da vida laboral en situacións que chegan a ser “insalubres, tóxicas, perigosas ou penosas”.
  comenta   0
O Ministerio de Traballo prevé chegar a un acordo para a redución da xornada laboral sen perda de salario no diálogo social entre o 30 e 31 de maio, segundo confirmaron fontes do departamento liderado pola vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz.
  comenta   0
A contía do subsidio por desemprego elévase desde os 480 euros a 570 euros mensuais durante o seis primeiros meses de percepción.
  comenta   0
En concreto, Transi Fernández, da CIG, indicou que os sindicados solicitan unha subida do 3,5 % para 2023 e do 4 % para 2024 e 2025, con revisión salarial por se os prezos volven dispararse como en anos anteriores. A patronal ofrece un 3,1 % para 2023 e un 3 % para os outros dous anos.
Persoal de Zara Loxística mobilízase este domingo na Coruña, cunha manifestación, ás 12.00 horas, na praza de Lugo, contra a "perda de dereitos". Ademais, convocaron paros os días 13 e 14 de maio en cada quenda de traballo.