As empresas galegas alegan como principal motivo para non cubrir as súas vacantes a ausencia de formación

Segundo recolle o informe do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

As empresas galegas alegan como principal motivo para a falta de cobertura das súas vacantes a ausencia de formación, segundo recolle o informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) que sinala que, no primeiro trimestre de 2024, o 25,1% das empresas con vacantes aínda tiñan sen cubrir as do anterior. Esta porcentaxe foi do 18,9% no mesmo período do ano pasado.

A causa máis indicada en todos os trimestres foi a falta de persoas con formación adecuada (sen ter en conta a STEM e a capacidade dixital): un 38,8%, algo superior ao ano anterior (34,7%). A enquisa reflicte que, no primeiro trimestre de 2024, en Galicia, o 28,7% das vacantes requirían titulación STEM, porcentaxe que sobe con respecto ao mesmo período de 2023, no que o 19,7% esixíana.

As empresas con maior número de asalariados son as que teñen máis vacantes e as máis pequenas as que teñen menos necesidade de cubrir postos. O principal motivo polo que non tiñan vacantes, indica, foi non necesitar ningunha persoa máis.

A percepción nas empresas galegas de servizos da situación empresarial mantense en valores positivos no catro últimos trimestres. O mesmo ocorre coa da evolución da demanda de servizos. Pola súa banda, a previsión da evolución da demanda para o próximo trimestre alcanza o valor de 20,1% no primeiro trimestre de 2024, este valor positivo retoma a senda do ano 2023, no que este indicador alcanzou valores positivos no tres primeiros trimestres.

Arquivo - Contratación. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Contratación. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta