Rompe a pasarela peonil do río Belelle, en Neda

A estrutura, situada na zona de Subarreiros, permanecía acordoada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A pasarela peonil sobre o río Belelle, situada na zona de Subarreiros, en Neda, rompeu na noite deste luns ao martes. Segundo o Concello de Neda, a estrutura de madeira permanecía pechada desde a mañá deste luns, despois de que se detectase o agravamento dos defectos que sufría a construción. Tras recibir varios avisos, a administración local procedeu a cortar de inmediato o acceso á ponte peonil para previr danos persoais.

A construción, de 24 metros de ancho por 2,5 metros de ancho, foi inaugurada a finais do 2014, e os problemas cos materiais elixidos, madeira laminada e encolada de piñeiral, fixéronse evidentes en poucos anos. A rotura da pasarela obriga agora aos camiñantes e visitantes que queiran chegar desde paséoo marítimo ata o centro urbano a desviarse cara á igrexa de Santa María.

O Concello, segundo o alcalde, Anxo Alvariño (PSOE), iniciará en breve a redacción dun novo proxecto, que despois haberá que licitar, para volver conectar as dúas beiras do Belelle nas proximidades da piscina municipal. Adianta, no entanto, que se cambiará a estrutura, apostando por materiais máis duradeiros e seguros.

Rompe a pasarela peonil do río Belelle, en Neda.
Rompe a pasarela peonil do río Belelle, en Neda. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta