As campás da Catedral de Santiago de Compostela, así como as de varias igrexas do centro histórico e da Colexiata de Sar, soarán este domingo a partir das 11,30 dando comezo aos actos en conmemoración do 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade.
  comenta   0
Este luns, durante o seu CXXIII Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española (CEE), será presentado polo Servizo de coordinación e asesoramento das oficinas para a protección de menores.
  comenta   0
Ano tras ano os informes do Defensor do Pobo sacan á luz novos casos de abusos sexuais a menores de idade no seu do Igrexa católica. A maioría, son antigos, dos 60, 70 e 80, pero tamén se destapa algún máis recente. Aquí recollemos algúns.
  comenta   0
Monseñor Francisco José Prieto visitou as instalacións da Real Academia Galega na Coruña, a primeira visita institucional destas características por parte dun membro da Igrexa,
  comenta   0
As cadeas e adornos de valor que teñen os santos están "gardadas, porque xa houbo roubos na zona do Carballiño hai uns meses". "Tentaron forzar o sagrario, pero non foron capaces", engade Néstor Álvarez, párroco da igrexa.
  comenta   0
'Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras' é unha obra que recolle a evolución da Guerra Civil e do franquismo, que tivo o seu reflexo nos territorios que caeron primeiro no poder dos golpistas, como foi o caso de Galicia. O historiador Francisco Jorge Leira explica que os golpistas "comezaron a empregar unhas políticas moi semellantes ás que usou o réxime franquista despois de 1939 cando gañaron a guerra no resto do Estado".
  comenta   3
No Concilio de Trento fálase de que o purgatorio existe, pero que as ánimas poden saír del coa mediación dos vivos: rezando oracións ou pagando misas. E cal é a maneira máis rápida de recaudar os cartos para este pago de misas? Coa creación das capelas de ánimas, que, como detalla a historiadora Melodi Parga, moitas veces mesmo teñen un peto, un esmoleiro, para recoller a esmola.
  comenta   0
Un estudo da Universidade de Santiago sobre os patróns de alimentación a través de análisis químicas e de patoloxía oral realizado sobre 34 individuos das necrópoles pontevedresas de Santa María e San Bartolomeu amosa que a gran maioría da poboación era nova, de entre 20 e 39 anos e consumía moito peixe, trigo e millo miúdo.
  comenta   0
Por provincias, a de Pontevedra é a que concentra maior número de localizacións (que non ten por que ter relación co número de casos), 19. Entre eles, dous campamentos de verán Salesianos (en Vigo e Cambados), o centro de acollida Teis, en Vigo; e tres domicilios particulares (en Forcarei, O Grove e Pontevedra).
  comenta   0
Cando en 1978 chegou a Galicia a musicóloga suiza Dorothé Schubarth coa pretensión de percorrer os lugares máis recónditos do país e procurar informantes para facer un inventario da música tradicional galega, no país estábanse a producir grandes cambio sociolóxicos.
  comenta   0
Cando as cousas van moi mal nun pais, e falla a racionalidade na análise política, sempre aparecen os charlatáns que promerten solucións milagreiras e convencen a moitos cidadáns que logo lle dan o voto.
  comenta   0
O Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, entregará o vindeiro venres ao Congreso dos Deputados o seu informe sobre as denuncias por abusos sexuais a menores no ámbito a Igrexa.
  comenta   0
O grupo socialista no Parlamento galego reclamou, na Comisión de Educación e Cultura, a elaboración dun informe sobre o cumprimento das visitas gratuítas a bens declarados como Ben de Interese Cultural (BIC) á Xunta, que, pola súa banda, destacou a súa apertura, en xeral, ao público.
  comenta   0
Desde Santiago vaise a voar a Tenerife en sete días, o que representa un 40 % máis de prazas que en 2022. As xornadas da operativa son 21, 23, 26, 28 e 30 de decembro e 2 e 6 de xaneiro.
  comenta   0
A Santa Compaña era un grupo de mortos ou de ánimas en pena vestidas con túnicas negras (ou brancas, nalgúns casos) con carrapucha, que vagaba polos camiños durante a noite. Tal procesión aparecía acompañada, encabezada en moitos casos, segundo relataban as testemuñas, dunha persoa viva, un mortal que nas súas mans levaba, ás veces, unha cruz. Vagaba noite tras noite ata que morría.
  comenta   0
Segundo a prensa, os alumnos dun colexio na “Rioja” que prepara futuros mestres, tiñan nun chat moi concurrido, no que empregaban unha sarta de insultos e verbas mal sonantes contra as mulleres.
  comenta   0
En realidade chamábase María Soliño e tras quedar viúva pola morte do seu marido a mans dos corsarios beberiscos que invadiron Cangas no século XVII, era unha muller adiñeirada desprotexida ante os desexos de poder e riquezas do clero.
  comenta   0
É imposible facer vida 100 % nun lugar no que se carece, por poñer un exemplo, de centro de saúde, ou de supermercado onde facer a compra. Ademais, falta enerxía eléctrica, pois a pouca que hai é subministrada por un xerador que funciona só algunhas horas. Por iso, os habitantes de Ons teñen que desprazarse continuamente ao concello de Bueu para o seu día a día.
  comenta   0
A confiscación de bens dos condenados por parte do clero era a práctica habitual. Por iso, a codicia de moitos inquisidores fixo que mesmo xente que nada tiña que ver con herexías nin prácticas de bruxería, e que profesaba a fe cristiá, ardese na fogueira ou fose torturada ata a morte.
  comenta   1
Como Cura de MOMÁN e de LABRADA únome ao que no seu día dixo o Papa Francisco que a violencia contra as mulleres é unha ultraxe a Deus
  comenta   0
Participan del os concellos de Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.
  comenta   0
O rexedor acusa ao anterior goberno socialista de "ocultar información" en relación á reforma da rúa Igrexa.
  comenta   0
Fará o mesmo que Martiño Noreiga e avanza que o Concello organizará un acto propio dedicado a "honrar aos veciños de Compostela".
  comenta   0
Monseñor Francisco Prieto toma posesión do seu novo cargo, que abandona Julián Barrio, nunha misa celebrada en galego e castelán na Catedral de Santiago de Compostela.
  comenta   1
A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 4 de maio de 2016 dedícalle algúns artigos á protección dos camiños ou vieiros de valor cultural que cruzan a nosa xeografía. Todos eles foron estudados por diversos autores e autoras.
  comenta   0
Confeso que é a primeira vez que habito o centro neurálxico da Semana Santa ferrolá pois como atea que son, só asistín ao espectáculo das procesións na indefensión da neneza nos turbios tempos do Xeneralísimo.
  comenta   0
A través dun vídeo, Correos dá a coñecer diferentes poboacións do Camiño de Santiago a través dos carteiros que traballan nelas e que percorren as súas rúas día a día.
  comenta   0
O Concello de Verín retoma a súa tradicional festa patronal e presenta para a fin de semana do 25 e 26 de marzo un completo e variado programa de actividades enfocadas para todos os públicos.
  comenta   0
O entrelazado castrexo é o primeiro atopado destas características na provincia da Coruña. Os achados acreditan a importancia da zona das Mariñas en época romana.
Esixen unha Igrexa que "deixe de exercer toda forma de asimetría de poder" e "abandone o modelo clerical de masculinidad hexemónica".
  comenta   0