Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/06/2025 | Actualizada ás 20:53
O presidente do Parlamento de Galicia e da Fundación do Padroado do Panteón dos Galegos Ilustres, Miguel Ángel Santalices, presidiu este luns a primeira reunión do grupo, que se celebrou nunha "sintonía extraordinaria" entre as entidades participantes. Celebrada en dependencias do Parlamento e coa participación de varios deputados, tamén asistiron o conselleiro de Cultura, José López Campos; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto.
Precisamente estes foron os elixidos para ocupar as vicepresidencias da fundación. "Se tratra de intregrar a todos, a todas as institucións", defendeu Santalices, que sinalou que foi unha reunión moi "construtiva". Quedan agora á espera de que os servizos xurídicos conclúan o Regulamento de Usos, cando volverán reunirse, aínda que non deu unha data concreta.
O conselleiro, pola súa banda, destacou a "intelixencia" e "sintonía extraordinaria" baixo a que se celebrou a reunión e fixo fincapé na "colaboración e cooperación institucional polo ben da cultura galega". Así mesmo, destacou este novo paso como un avance "para que esta fundación sexa un instrumento eficaz na responsabilidade de velar por un espazo con tanta carga simbólica", igual de representativo, dixo, que o himno ou a bandeira.
Nesta mesma liña expresouse a alcaldesa de Santiago, que reivindicou o Panteón como un espazo "de referencia, aberto a todo o mundo, que se poida visitar e que sexa o lugar onde se honra ás persoas que nos precederon, que fixeron importantes contributos á honra do país".
Por último, o arcebispo de Santiago mostrou toda a disposición da Igrexa para a conservación e posta en valor do Panteón, unha "responsabilidade común" e unha forma de recoñecer a "quen foron e serán eses Galegos e Galegas Ilustres".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.