Alertan de riscos da fábrica de Altri: choiva aceda, augas contaminadas e toxinas que provocan cancro

A representante de Plataforma Ulloa Viva chama a facer "historia" este domingo en Pas nunha manifestación contra o proxecto.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2024 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

O colectivos SOS-Sanidade Pública, Plataforma Ulloa Viva e Santiso Vivo alertaron sobre o "problema que pode dar a nivel de saúde pública" a fábrica de Altri en Pas, entre o que citan choiva aceda, efecto invernadoiro, contaminación de augas do río Ulla e da ría de Arousa, así como emisión de dioxinas que producen problemas respiratorios e diferentes tipos de cancros.

En rolda de prensa en Santiago, o SOS-Sanidade Pública, Manuel Martín, foi o encargado de debullar o groso dun informe sobre riscos para a saúde deste proxecto. Explica que esta industria emprega "moitísimos produtos químicos para o tratamento da madeira e pasta, así como blanqueamiento da mesma, ademais de emisións de tóxicos á atmosfera e auga. Remarca que existe unha "documentación extensísima" sobre a contaminación producida en países como Italia, Uruguai ou Chile destas empresas. Avisa de problemas como: "choiva aceda"; acidificación de augas e terreos; danos a agricultura, pesca e saúde; efecto invernadoiro; deforestación, plantación intensiva de eucaliptos e acabará con microorganismos fijadores de nitrógreno.

O portavoz de SOS Sanidade Pública apunta que este tipo de industrias "tremendamente contaminantes" adoitan asentarse en lugares de América Latina e sueste asiático, polo que "a efectos prácticos están a tratar a Galicia como un país terceiromundista". Critica que a Xunta diga que "presenta poucos riscos" e que hai elementos de control, no que cualifica de "estreita entre gobernos e industria por réditos electorais e económicos".

MANIFESTACIÓN DO DOMINGO

Pola súa banda, Mónica Cea, representante da Plataforma Ulloa Viva, fixo un chamamento a participar na que será primeira manifestación en contra da planta de Altri, máis aló de diferentes actos simbólicos realizados ata a data. Será o vindeiro domingo, 26 de maio, e sairá ás 12,00 horas do polígono industrial de Palas de Rei. Así, chama á participación para "facer historia" con esta protesta, xa que este proxecto "non é bo" para A Ulloa, pero "tampouco para ningún outro sitio de Galicia". Cea quere que cando se bote a vista atrás no futuro poder estar "orgullosos" desta protesta. Respecto diso, Serxio Núñez, representante do colectivo veciñal Santiso Vivo, destaca que é "primordial" que a mobilización social do domingo sexa "importante". A protesta celebrarase baixo a lema 'Dende a Ulloa ata a ría. Terra aire e auga son vida'.

Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública e Ulloa Viva
Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública e Ulloa Viva | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta