Traballadores de Navantia maniféstanse polas rúas de Ferrol para criticar a actitude do Ministerio de Facenda

Por ter boqueadas as negociacións do convenio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2024 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Os operarios de Navantia Ferrol manifestáronse na mañá deste xoves polas rúas desta cidade para mostrar o seu rexeitamento ao estancamento das negociacións no convenio colectivo, do que culpan á ministra de Facenda, María Jesús Montero.

"Os traballadores vemos a necesidade de mostrar o noso rexeitamento cara ao Ministerio de Facenda con esta empresa, que depende dela", segundo asegurou o presidente do comité de empresa, Carlos Díaz (MAIS), ao comezo da marcha.

O representante lembrou que "esta semana estaba previsto manter reunións luns, martes e hoxe mesmo, xoves, para tratar de desbloquear temas importantes do convenio, pero foron canceladas" e reaxendadas a semana que vén. A empresa, engadiu, "está aínda á espera par ter reunións coa comisión delegada do Ministerio de Facenda para tratar de desbloquear algún tema".

Segundo o representante dos operarios, "os traballadores entenden que hai que mostrar un rexeitamento máis contundente" e que, por iso, teñen previsto realizar algunha acción sorpresa durante a próxima semana.

A parte social estima que as negociacións se van dilatando e o obxectivo que tiñan para "antes de saír de vacacións de verán o ter algo encima da mesa, non para pechar, pero se para debater" non se está cumprindo. "O persoal di que hai que incrementar a presión, a paciencia vaise esgotando e non se descarta que a semana que vén, se non hai avances, pois isto radicalícese", advertiu.

NOVOS POSTOS

A preguntas dos medios de comunicación, sobre o que será o plan estratéxico, que tamén está en fase de negociación, Díaz detallou que, dos 1.500 empregos que anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para a empresa naval pública, "ao redor de 600 teñen que ser para Ferrol, xa que supón o 38% do persoal de Navantia".

O representante incidiu en que "hai certa dificultade para captar novos talentos", detallando que actualmente moitos destes postos demandan unha certa flexibilidade e que, cando van a unha negociación coa empresa, non lles permiten "nada de flexibilidade, nada de conciliar, cando é unha empresa pública, cando precisamente a ministra María Jesús Montero presume diso, o mesmo que presumen de defender os traballadores, como di Yolanda Díaz, ministra de Traballo, que é de aquí", lembrou.

Os traballadores de Navantia maniféstanse polas rúas de Ferrol para criticar a actitude do Ministerio de Facenda
Os traballadores de Navantia maniféstanse polas rúas de Ferrol para criticar a actitude do Ministerio de Facenda | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta