Falece un home de 73 anos en Gondomar tras sufrir un accidente de tractor

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 11.00 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, explicando que a vítima estaba atrapada e sen signos vitais.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/05/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Un home, J.D.F. de 73 anos de idade, perdeu a vida na mañá deste venres en Gondomar tras sufrir un accidente de tractor. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 11.00 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, explicando que a vítima estaba atrapada e sen signos vitais.

En concreto, o sinistro produciuse no lugar de Galisteo, na parroquia de Mañufe. Ata alí desprazouse unha ambulancia de servizo vital básico do 061, medicalizada co equipo sanitario de Atención Primaria, e os Bombeiros do Porriño. Unha vez no punto, liberouse ao home, pero os sanitarios non puideron máis que confirmar a súa morte, sendo J.D.F. de 73 anos de idade, segundo fontes do 061 consultadas por Europa Press.

Imaxe do tractor accidentado en Gondomar
Imaxe do tractor accidentado en Gondomar | Fonte: Cedida XdV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta