Estes son os supermercados máis baratos das capitais galegas

Gadis e Froiz están no grupo das cadeas económicas, segundo a OCU. No que se refire á cesta con primeiras marcas, o establecemento máis barato en toda España dos 1.190 que avaliou a OCU é o Alcampo de Coia por segundo anos seguido. As posibilidades de aforro son menores: a maioría das cadeas subiron prezos respecto a 2014.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/10/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Os autores do estudo sinalan que o liderado do Alcampo de Coia non quere dicir que a cadea Alcampo estea a repetir este ano a súa estratexia do ano pasado, cando baixou sensiblemente os prezos. De feito, Alcampo subiu os seus prezos máis que ninguén tanto para a cesta con primeiras marcas (un 2,3%) como para a cesta económica (un 8,8%). Aínda que segue no grupo de cabeza dos baratos, parece relaxar a súa agresiva política de prezos baixos e aumentar o seu beneficio debido á incipiente recuperación económica.

Foto dun supermercado DIA co polo de oferta
Foto dun supermercado DIA co polo de oferta

 

A tendencia xeral na cesta con primeiras marcas para as cadeas de ámbito español (coa

excepción de Carrefour Express, Carrefour Market e Simply Market), foi a alza. Esta foi notable entre algunhas cadeas que levaban tempo rebaixando a súa oferta, como

as do grupo El  Corte Inglés (subiron entre o 1,4 e o 1,9%) ou Bon Preu.

Supermercado Gadis
Supermercado Gadis

 

Con todo, moitas ámbito  de ámbito local e rexional esforzáronse por rebaixar os produtos, tanto da cesta con primeiras marcas, como especialmente da cesta económica, axudadas pola súa estratexia de agruparse para sacar as súas propias marcas brancas. Ademais, algunhas cadeas, como Carrefour, El Árbol ou Gadis rebaixaron sensiblemente a cesta económica (por exemplo a cadena coruñesa Gadis baixouna case un 8%, fronte ao 2,5 da pontevedresa Froiz ). Algo que agradecerán quen trata de axustar os seus gastos en comida.

 

Encher a cesta tipo OCU costa, de media, 6.138 euros ao ano. O aforro que se pode lograr escollendo un supermercado ou outro é de máis de 880 euros ao nao. O estudo de supermercados 2015 revela que este ano hai máis establecementos onde se pode encher o carro por menos dese diñeiro: hai 30 cadeas que quedan por baixo dos 6.000 euros. Alcampo, Mercadona e Carrefour son as tres grandes cadeas estatais que presentan mellor nivel de prezos.

 

A OCU clasificou as cadenas de supermercados en tres niveis; baratas, de prezo medio e as cadenas máis caras. As dúas cadeas analizadas de orixe galego, Gadis e Froiz, están no grupo das máis baratas, pero son máis dun 13% máis caras que a máis económica, Dani:

 

 Cadea

 Índice

Coste anual

cesta

da compra

 DANI  100  5.229 €
 CASH FRESH  104  5.437 €
 FAMILIA  106  5.551 €
 DEZA  106  5.567 €
 ALCAMPO  108  5.644 €
 SANGÜI  110  5.749 €
 CONSUM  110  5.776 €
 BON ÁREA  111  5.790 €
 MERCADONA  111  5.794 €
 CARREFOUR  111  5.808 €
 TAMBO  111  5.819 €
 VIDAL  112  5.831 €
 HIPERDINO  112  5.843 €
 UPPER  112  5.856 €
 HIPER FROIZ  112  5.862 €
 SUPERDINO  112  5.875 €
 SUPERSOL  113  5.892 €
 FROIZ  113  5.909 €
 HIPER SIMPLY  113  5.911 €
 EL JAMÓN  113   5.911 €
 ALTEZA  113  5.914 €
 MASKOM  113  5.931 €
 GADIS  113  5.932 €
 MAXIDIA  113  5.934 €
CONSUM BASIC  114  5.937 €
 E. LECLERC  114  5.949 €

En termos xerais, a OCU atopou que os prezos das marcas blancas e dos produtos baratos básicos continúa a baixar, pero as marcas coñecidas e outros produtos máis secundarios comezaron a repuntar.

 

Velaquí a lista dos supermercados avaliados pola OCU, e o seu índice de prezos, de menor a maior (o índice 100, o de Alcampo de Coia, indica o supermercado máis económico; un que teña un índice de 110 será un 10% máis caro):

 

A CORUÑA 

FAMILIA. C/ Ramón del Cueto, 23-25 110

FAMILIA. Av. Hércules, 136 111

FAMILIA. C/ San Vicente, 46 112

CARREFOUR. C.C. Los Rosales 115

ALCAMPO. C.C. Alcampo 115

FAMILIA. C/ Panaderas, 23 115

MERCADONA. C/ Panaderas, 29 116

MERCADONA. C/ General Sanjurjo, 152 117

DIA MARKET. C/ Nuestra Sra de Fátima, 35 117

EROSKI CENTER. C/ Isaac Peral, 30-32 117

GADIS. C/ Menéndez Pelayo, 4-6 118

GADIS. Ronda de Outeiro, 144 118

FROIZ. C/ Ramón Cabanillas, 2 118

FROIZ. Av. General Sanjurjo, 20-22 118

FROIZ. C/ San Andrés, 14 118

MAXI DIA. Av. B de Arteixo, s/n Pol. Ind. A Grela 118

FROIZ. C/ Juan Montes, 1 118

GADIS. Rda. Nelle, 115-117 118

EROSKI CITY. C/ Villa Negreira, 14-16 119

MAXI DIA. Av. Fonteculler, s/n (Culleredo) 119

GADIS. C.C. Cuatro Caminos local B-19 119

GADIS. C/ Orzán, 84-86 119

HIPER GADIS. Av. “Che” Guevara, 162 (Oleiros) 119

CARREFOUR. C/ Pérez Carballo, 5 120

GADIS. Pz. San Agustín, s/n 120

EROSKI CENTER. C/ Sinforiano López, 52 122

SUPERCOR. C/ Manuel Murguía, s/n 124

EL CORTE INGLÉS. C/ Ramón y Cajal, 57 128

HIPERCOR. C.C. Marineda City 128

 

LUGO 

MERCADONA. Ronda do Carme, 69 114

CARREFOUR. Ctra. La Coruña, km. 501 116

FROIZ. C/ José Castiñeira, 30-32 (Fingoi) 117

FROIZ. Rda. Das Fontiñas, 77-79 118

MAXI DIA. Av. A Coruña, 462 118

DIA MARKET. C/ San Roque, 114-116 118

GADIS. C/ Islas Cíes, 22 119

CARREFOUR MARKET. Montero Ríos, 2 119

GADIS. Av. Ramón Ferreiro, 19 119

GADIS. Av. Magoi, 35 120

EROSKI CENTER. Av. A Coruña, 66 122

EROSKI CENTER. C/ Milagrosa, 98 123

EROSKI. C.C. As Termas 123

 

PONTEVEDRA

MERCADONA. Av. Vigo, 46-48 113

CARREFOUR. C/ San Blas, s/n (Salcedo) 115

ESTABLECIMIENTOS / CIUDADES

FROIZ. C/ Loureiro Crespo, 17 118

MAXI DIA. Lugar de Alba 118

FROIZ. C/ Benito Corbal, 28 119

GADIS. C/ Benito Corbal, 36 119

HIPER FROIZ. C/ Cobián Roffignac, 22 120

EROSKI CENTER. C/ Cobián Areal, 4-6 120

GADIS. Av. Vigo, 8 120

 

OURENSE 

MERCADONA. C/ Otero Pedrayo, 10 116

CARREFOUR MARKET.C/ J. R. Fernández Ojea, 3 116

MERCADONA. Av. Santiago, 17 116

FROIZ. C/ Río Mao, 36-38 117

CARREFOUR. C.C. Carrefour 117

FROIZ. Av. A. Rodríguez Castelao, 2 117

GADIS HIPER. C.C. Ponte Vella 120

ESTABLECIMIENTOS / CIUDADES

EROSKI CENTER. C/ Ramón Cabanillas, 12 120

GADIS. C/ Nuestra Señora de Sainza, 14 121

EROSKI CENTER. C/ Peña Trevinca, 48 121

GADIS. C/ Concejo, 5 121

EROSKI CENTER. Av. Santiago, 19-21 123

EROSKI CENTER. C/ Seixalbo, 29 123

EL ÁRBOL. C/ Curros Enríquez, 25 124

 

VIGO 

ALCAMPO. C.C. Alcampo-Coia 100

FAMILIA. C/ Oporto, 12 110

CARREFOUR. C.C. Travesía 113

CARREFOUR. C.C. Gran Vía 114

MERCADONA. Camino Espedrigada, 7 114

MERCADONA. Av. Madrid, 108 115

GADIS. Pz. Fernando el Católico, s/n 116

FROIZ. C.C. Plaza Elíptica 116

GADIS. C/ Rosalía de Castro, 58-60 116

EROSKI CENTER. Pz. F. el Católico, 3 116

FROIZ. Av. de las Camelias, 93 116

GADIS. C/ Alcalde Gregorio Espino, 6 117

FROIZ. Gran Vía, 158 117

FROIZ. C/ Vázquez Varela, 29 117

FROIZ. Av. de la Florida, 34 117

FROIZ. Av. de la Florida, 60 117

GADIS. Pz. América, 1 C.C. Camelias 117

DIA MARKET. C/ Rosalía de Castro, 46 117

FROIZ. C/ Sanjurjo Badía, 232-234 117

EROSKI CENTER. C/ Barcelona, 57 interior 118

FROIZ. C/ Uruguay, 14 118

DIA MARKET. C/ El Grove, 3 118

EROSKI CENTER. C/ García Barbón, 54 118

FROIZ. Gran Vía, 80 118

PLENUS. C/ Camelias, 36 119

GADIS. C/ López Mora, 21 119

EL CORTE INGLÉS. Gran Vía, 25-27 127

 

O estudo de supermercados da OCU realizouse estudando  63 cidades, 150 produtos (entre frescos e envasados),  1.190 establecementos )entre supermercados, hipermercados, tindas discount ou supermercados online) e 155.895 prezos de produtos.

 

Caixeira traballando en Vego Supermercados
Caixeira traballando en Vego Supermercados
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tonecho Losada

Now, I can see my minga again. I just eat water.