A reserva dos encoros galegos mantense no 89%

Contan cunha reserva hídrica de 3.314 hectómetros cúbicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2024 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan cunha reserva hídrica de 3.314 hectómetros cúbicos, o que supón o 89% do total, segundo datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. Esta reserva mantense no 89% como a semana pasada en Galicia, aínda que hai un lixeiro descenso de cinco hectómetros cúbicos de auga fronte aos 3.319 de fai sete días.

Isto débese á baixada dun punto nos encoros de Galicia Costa, pasan do 86,1% ao 84,9%, con 581 hectómetros cúbicos (oito menos). Está por encima da cifra a estas alturas en 2023 e da media da última década. Pola súa banda, os de Miño-Sil, a de máis capacidade, atópanse ao 90,2% (90,1% hai unha semana), con 2.730 hectómetros cúbicos. Supón máis que o dato de finais de maio do ano pasado e que a media do dez últimos anos.

Vista do encoro de San Martiño, en Ourense, Galicia
Vista do encoro de San Martiño, en Ourense, Galicia | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta