Os Poetarras, acusados de “proetarras” por denunciar a amizade de Feijóo cun narco

Novas Xeracións di que este grupo é afín aos etarras e critica que actuaran nunha festa de Galiza Nova en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/10/2015 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

“El vai con Marcial Dorado nun barco; amigo dun narco

Portada do tema do grupo Poetarras
Portada do tema do grupo Poetarras

o neno da aldea

con déficit de formación

Vaite

que as túas amizades non son d'Os Peares

están en Madrid, Feijóo”. 

Esta é parte da letra de “Feijóo”, adaptación do tema "Roar", de Katy Perry, que realizaron Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde, nun vídeo realizado por Pablo Lamosa que xa leva máis de 52.000 visións en Youtube.

Na letra desta versión, o presidente galego é o protagonista, o centro dun tema no que se fala do seu famoso “Tis che tein”, do decreto do galego ou da súa amizade con Marcial Dorado. E, precisamente, este foi un dos temas que os puxeron no punto de mira do PPdeG.

Por iso, acaban de ser acusados de “proetarras” por Novas Xeracións, as xuventudes populaes, que denuncian que foron contratados por Galiza Nova para unha festa celebrada o pasado sábado en Pontevedra. Por iso, pídenlle "responsabilidade ao secretario de organización de Galiza Nova, o concelleiro Alberto Oubiña, que debe respecto a todos os veciños, máis aló dos seus curiosos gustos musicais". 

Concertos deste tipo non deben repetirse en espazos públicos", denuncia Novas Xeracións que acusa ao BNG de financiamento encuberto por, supostamente, utilizar unha subvención de 600 euros do Concello de Pontevedra para pagarlle a este grupo que o único que ten de “proetarra” son as sete letras coincidentes procedentes da verba "poeta", menos o 'r'.

Este grupo é moi coñecido polo virulento do seu sentido do humor. Fixeronse coñecidos por unha pequena historia audiovisual en galego producido para a Internet que gañou o festival Carballo Interplay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 PPETARRAS

Quen non lembra aos PPetarras seccion Xuvenil, facendo un escrache na casa de Pachi Vazquez?

2 Antao

Estes polo que tiñan que estar denunciados é por facer música de merd* básicamente jaja

1 José

Novas Xeracións é un grupo ultra fascista, golpista e eu diría que filomormón e amish, así que deben ter coidado aqueles grupos musicais que se deixan contratar por grupúsculos marxinais que, ademáis, están relacionados nítidamente co ladroicio e a violéncia de xénero