Polos de emprendemento como canalizadores da substitución xeracional, manobra que a oposición considera "propaganda"

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha proposición non de lei coa que insta á Xunta a continuar impulsando un ecosistema de apoio ao emprendemento. A iniciativa, proposta polo grupo popular, non contou co apoio dos grupos do BNG e o PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha proposición non de lei coa que insta á Xunta a continuar impulsando un ecosistema de apoio ao emprendemento. A iniciativa, proposta polo grupo popular, non contou co apoio dos grupos do BNG e o PSdeG. Nela, piden tamén que se impulsen os polos de emprendemento "como canalizadores da substitución xeracional e como instrumento de asesoramento de emigrantes que queiran iniciarse por conta propia, ademais de pór en funcionamento aqueles que se atopan inactivos".

A deputada popular Noelia Pérez manifestou que "Galicia está chea de talento e oportunidades que demandan un ecosistema de apoio que lles axude a impulsar e consolidar os seus proxectos con acompañamento e asesoramento continuo e cunha tutorización con profesionais de primeiro nivel".

"Ese é o obxectivo dos polos de emprendimiento: un enfoque innovador, con persoal especializado, co obxectivo de promover actividades económicas ligadas aos territorios, identificación de proxectos empresariais diferenciados e colaboración con axentes doutras áreas territoriais", defendeu. Ademais, detallou que a rede está integrada na actualidade por 13 centros que xa asesoraron a ao redor de 2.000 proxectos.

A OPOSICIÓN CENSURA A DUPLICIDADE DO SISTEMA

Pola súa banda, a deputada socialista Silvia Longueira censurou a falta dunha política activa de emprego por parte da Xunta, asegurando que falta execución orzamentaria nun mercado "con escaso dinamismo laboral". Ademais de pedir a implantación dos pactos territoriais de emprego, que considera "clave", cualificou os polos de "mecanismo de propaganda da Xunta".

Nestes termos expresouse tamén a nacionalista Olalla Rodil, que os tachou de "chiringuitada" e acusounos de "crear" duplicidades "fóra da administración", pero "sostidos con fondos públicos". "E aquí temos o exemplo perfecto e claro da administración paralela, que crea unha rede xestionada por entidades privadas para que fagan funcións que debería estar a facer a administración pública", defendeu.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta