Preparando as eleccións

Nos últimos días as tres grandes formacións galegas andan poñendo a punto a engranaxe electoral de cara aos comicios do vindeiro ano...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/11/2008 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

None

E é que na batalla electoral os números contan, e moito. Tanto socialistas como nacionalistas comezan a ver datos preocupantes, tanto no eido económico coma electoral. Aínda que a reedición do bipartito non corre perigo, si se detecta un estancamento do apoio a PSOE e Bloque e un lixeiro repunte do PP con respecto a enquisas semellantes de hai un ano.

Non está en xogo, polo menos de momento e niso son coincidentes todas as sondaxes, a estabilidade do bipartito a pesar da dureza da crise económica. Sen embargo, o empeoramento da situación económica e os efectos no emprego poden pasar factura aos partidos no poder. Por iso, no PSOE xa lle advertiron a Touriño que non retrase máis do previsto a convocatoria electoral porque lle pasaría factura.

No minicumio celebrado o luns, Blanco deixou claro que os procesos electorais de Galicia e Euskadi son básicos para manter a fortaleza do PSOE a nivel estatal. Por iso, anunciou que o aparato de Ferraz vaise volcar nestas dúas convocatorias; na galega para que Touriño conserve o poder e na basca para que Pachi López sexa o próximo lehendakari. E para acadar estes obxectivos non valen máis retrasos electorais. Neste esquema, as eleccións en Galicia serán antes que as de Euskadi, pero os dous procesos case que van correr en paralelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

29 varzim

muitos gostariamos que nos explicasse você qual é o significado de pailaroco. procurei-o em diferentes dicionários e não consigo o encontrar

28 marcos

Pues si Alberto,es indigno que dejen usar a un usario semejante nick pero por lo visto por aquí se lleva aquello de "anchas castilla".

27 alberto

por si ninguen se decatara, este indigno do post anterior, emprega como alias o nome do boletín interno de ETA, agora comprendo a sua teima coa policía...pouco lle queda! :-)

26 Zutabe

"ciga, slg … ¿xa desapareceron?"

Le máis arriba pailaroco.

"la manifestacion que tiene previsto hacer la cut el lunes en santiago, va a ser de risa: dos fundamentalistas y cuatro despistados desinformados"

Que ben falas, nin un inspector da Polícia o faría mellor.

25 anónimo

la manifestacion que tiene previsto hacer la cut el lunes en santiago, va a ser de risa: dos fundamentalistas y cuatro despistados desinformados