Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024 | Actualizada ás 09:50
O servizo de Bombeiros de Ferrol tivo que rescatar na tarde deste pasado domingo a unha persoa que quedou illada en Ferrol tras sufrir unha caída mentres pescaba.
Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos despois das 20.00 horas e foi un particular o que avisou aos xestores de urxencias.
Segundo explicaba, un home caera nunhas rocas cando estaba a pescar en Cabo Prioriño, sen que fose quen de saír da zona pola súa conta.
Unha vez no punto, os bombeiros rescataron á persoa, que foi atendida por persoal sanitario no lugar antes de ser trasladado ao hospital de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.