O Galicia Confidencial muda de faciana

Hoxe é un dos días máis importantes nestes 12 anos de vida do GC. O primeiro medio en galego do país estrea deseño. Será máis rápido, estará plenamente adaptado aos trebellos móbiles e terá novas funcionalidades e seccións.

Por Galicia Confidencial | O Milladoiro / Ames | 12/11/2015 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial (GC) estrea nova faciana. Un deseño máis rápido, con máis seccións e, sobre todo, adaptado a todo tipo de trebellos móbiles.

Un dos principais obxectivos do GC, realizar un xornalismo sustentable co apoio dos seus lectores
Un dos principais obxectivos do GC, realizar un xornalismo sustentable co apoio dos seus lectores

 

Este é o terceiro gran cambio de deseño do GC, desde que en 2009 pasou do formato blogue ao que tivo ata o de agora. Precisamente, ese deseño xa estaba quedando obsoleto e eran precisas novas funcionalidades. O novo Galicia Confidencial conta cun deseño máis visual, con máis imaxes e máis protagonismo da información. Incorpora, ademais, as seccións de lingua e ecoloxía. Tamén hai unha maior integración coas redes sociais e plataformas móbiles seguindo un deseño “responsive". De feito, está adaptada ao "Mobile first" xa que, actualmente, este é un dos dispositivos desde os que máis se consulta o GC. 

 

Galicia Confidencial é o diario decano en liña en Galicia. En outubro de 2013 cumpriu o seu décimo aniversario. Nesta década GC converteuse en lectura obrigada tanto para todos os líderes de opinión do país, como para políticos, profesionais da comunicación, funcionarios e empresarios. Ademais, foi o primeiro xornal galego en establecer un modelo de pago para que foran os lectores os que financiaran parte da súa información de investigación a través da canle GCPlus. 

 

Segundo a web Alexa, é o primeiro medio en galego do país. Tamén está por riba de grandes medios tradicionais coma Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego ou Atlántico Diario. Case 27.000 persoas ségueno nas redes sociais e máis de 60.000 consúltano cada mes.

 

Nestes once anos, GC medrou incorporando varios canais temáticos. En 2012 abriu GCtendencias, unha canle especializada en cultura, consumo e tendencias sociais. En 2013 estreou o GCdeportes; en 2014, GCagro e no 2015, GCEmprende.

 

Ademais conta co apoio publicitario de numerosas entidades. ABANCA, Xunta de Galicia, Gadis, Superbock, R, a Universidade  de Vigo, CRTVG, Edicións Xerais, Galaxia, as deputacións de Lugo, A Coruña ou de Ourense, os concellos de Santiago, A Coruña, Lugo ou Vigo, a Feira Culturgal e multitude de festivais, forzas políticas e eventos locais son algúns dos anunciantes que utilizaron a GC como soporte para as súas campañas nos últimos meses.

Coma sempre agradecemos comentarios e críticas. De tipo técnico, a  webmaster@galiciaconfidencial.com; de contidos a info@galiciaconfidencial.com. Gracias polo voso apoio todo este tempo. Sen o compromiso de lectores -especialmente os subscritores de Gcplus-, anunciantes e colaboradores; GC non chegará a ser o primeiro xornal dixital en galego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Gamela

Parabens, xa volven funcionar as RSS.

8 Gamela

Cabozo é moito máis interesante que G+ (e algúns pensamos que algún día sustituirá a FB !) Saúde e Sorte !!! http://cabozo.com/user/Gconfidencia...

7 Xan

Como observación. Non se poderían poñer as fotos ilustrativas das noticias na parte superior e non ao final (parte inferior)? Parabéns!!

6 Breoghain

Parabens. Não estaría de mais um fórum ou espaço de debate mais amplo que os comentários às novas.

5 cmk8

El Mundo cambia o seu deseño e GC tamén, curioso.