"Tonto, moreno de mierda"

O encontro Cacheiras-Taragoña, do grupo V da Segunda Rexional, tivo que ser suspendido trala agresión dun xogador local ao árbitro Hamza Aboufaris, de orixe magrebí.

Por gcdeportes | Compostela | 11/11/2015 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Un puñetazo na caluga dun xogador local provocou que Hamza Aboufaris acabase no Hospital Universitario de Santiago. No minuto 69, o árbitro, de orixe magrebí, expulsara a Jesús F.P. por insultarlle: “Si es que eres tonto, moreno de mierda”, díxolle segundo recolle o acta. Despois, a agresión, que non foi a máis porque os compañeiros do agresor impedírono.

Un encontro entre o Cacheiras e o Flavia
Un encontro entre o Cacheiras e o Flavia | Fonte: camposgallegos.es

Sucedeu no partido Cacheiras-Taragoña, pertencente á xornada 10 do grupo V da Segunda Rexional, fixado para o domingo ás 17.00 horas no campo da Cañoteira. O equipo visitante adiantouse 0-2 e o Cacheiras logrou empatar o partido tralo descanso. No minuto 69, tras un choque entre dous xogadores e a conseguinte protesta, o xogador local Jesús B.F.P foi expulsado por un insulto racista: “Si es que eres tonto, moreno de mierda”.

A agresión chegou cando o árbitro deulle as costas ao xogador local expulsado para reanudar o xogo: “En el momento que yo me giré para tomar mis notas de lo sucedido y reanudar el juego, cuando estaba de espaldas y encaminado hacia el medio campo, dicho jugador volvió corriendo desde la entrada del túnel de vestuarios y me propinó un golpe con el puño cerrado detrás de mi oreja izquierda. Acto seguido me caí al suelo, sin perder la consciencia en ningún momento, pude observar como este jugador lanzaba un par de patadas con la intención de seguir golpeándome que no llegaron a impactarme porque el delegado del S.D. Cacheiras y varios compañeros de dicho equipo lo alejaron de mí, llevándolo al vestuario mientras él se resistía y quería venir hacia mí”, segundo recolle a acta publicada no blog sindicatodearbitros.wordpress.com

Hamza Aboufaris recibiu axuda dunha afeccionada do CCD Taragoña que se identificou como enfermeira. “El delegado del equipo local y la aficionada del equipo visitante me trasladaron al vestuario de árbitros, ayudándome a incorporarme y caminar debido al mareo y malestar que tenía. Transcurridos 15 minutos de la agresión, llegó la ambulancia y me trasladó al Hospital Clínico Universitario de Santiago”.

Dase a casualidade de que Hamza Aboufaris, residente en Arcade, pertence ao colexio pontevedrés, e arbitrou o partido no concello de Teo, comarca de Compostela, pola folga dos colexiados da delegación de Santiago. A acta recolle as mesmas alusións dende o público á orixe do colexiado: “Moreno, no sabes pitar”. Xa no primeiro tempo, o árbitro pontevedrés tivo que expulsar o adestrador local por decirlle “Mira que eres tonto chaval, que tonto eres”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta