Maite Rojo no Mundial de ultrafondo: "Esta carreira adicolla ao meu pai. Levo unha bandeira galega coa súa foto"

A altleta e mariña, colaboradora do GC, é a única representante de Galicia no Mundial de Ultrafondo de Alvi, en Francia que ten lugar esta fin de semana. E faino por libre, sen o apoio da Federación de Atletismo, a pesar de ter o mellor segundo tempo do Estado. Entre os seus obxectivos; volver a visibilizar as dificultades que existen para tratar as enfermidadas raras como a que afectou ao seu pai.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/10/2025 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Spartatlon, o Camiño dos Faros, a Ultrabalatón, as 24 horas de Barcelona, o Camiño Primitivo e, agora, o Mundial de ultrafondo.... Que supón a túa participación neste evento e por que decidiches acudir a esta cita?

Maite Rojo correndo a Tarawera, a carreira de trail máis dura de Nova Zelandia
Maite Rojo correndo a Tarawera, a carreira de trail máis dura de Nova Zelandia | Fonte: remitida

Pois supón unha oportunidade única coa idade que teño. Decidín acudir porque a persoa que sempre admirei no ultrafondo español, Eva Esnaloa, a muller que nos abriu as portas ás demais, pois vai acudir a cita para dicir adeus con 65 anos. Imos estar xuntas na mesma tenda. Contactei coa organización e me abriron as portas porque era unha pena que non representara ao meu país co curriculum que teño.

Porque, finalmente,  vas por libre. Que supón para unha corredora coma ti non ir dentro do equipo español e ter que pagar todo da túa man?

Pois un gran esforzo económico porque hai tempadas que estou na casa e podo prepararme físicamente pero non é nada barato correr unha ultra. É un gran esforzo físico e mental. A xente que o prepara con familia, pois non é unha broma.

E non é nada barato correr unha ultra. De canto estamos falando? Canto podes gastar en loxística, aloxamento, comidas, por non falar o adestramento previo?.

Maite Rojo adicalle esta proba ao seu pai, falecido por mor dunha enfermidade rara
Maite Rojo adicalle esta proba ao seu pai, falecido por mor dunha enfermidade rara | Fonte: remitida

Pois, depende. Pode haber ultras de montaña ou carreiras mixtas que a inscripción é moi cara, como é o caso do Spartatlon, que agora mesmo son 1250 euros, máis avión, comida. En total falamos de máis de 2.000 euros, e se te acompaña alguén pois multiplica iso por dous. Nun 24 horas é diferente. A inscrición é menor porque, ao ser nun circuito pechado, para a organización é máis doado arranxar todo. Esta inscrición son 140 euros. Pero a iso hai que sumarlle aloxamento, viaxe, comidas, durmidas, etc. Menos de 1.000 euros non vou gastar. E a iso hai que sumarlle meses de preparación. Específicamente para esta proba xa levo catro meses. E logo tamén ter en conta o custe da alimentación e medicación específica, ademais do material; zapatillas, roupa apropiada... Son moitas cousas.

E como está o mundo dos sponsors e as subvencións nas ultramaratons?

En España son cero patateiro. Son case inexistentes. Hai algunha compañía que che axuda con algún material. Tiven algunha empresa que se preocupou por min e me axudou con cousas pero eu, agora, non podo gañarme a vida con isto. Teño que pagarme todo do meu bulso

Que pasa actualmente co equipo español?. Seica houbo baixas de última hora e problemas coa Federación de Atletismo, Que está pasando no mundo do ultramaratón no Estado español?

Pois que o apoio é inexistente. A federación ten intención de cargarse o ultrafondo a pesar de contar con calidade e cantidade de ultrafondistas. En trail levaron representación de tres ou catro persoas para cada modalidade. Aquí só levan tres rapaces e unha rapaces e xa fallou un rapaz. Agora hai dificultades para o equipo masculino que son de tres integrantes e o feminino, xa nin existe, porque só levan a unha muller. A segunda con mellor marca en España son eu e non me levan. En Taipei pasou o mesmo. Levan como queren e escollen a quen queren porque, mesmo coas mínimas marcas feitas, din que se gardan a selección segundo curriculo e outras cousas. En Nova Celandia, un país de cinco millóns de persoas, traen un equipo de doce persoas. E nós, con 46 millóns, e con moitos ultrafondistas, pois levamos só a catro persoas. Eu non o entendo pero é o que hai. Será que non queren gastar cartos. Eu para protestar este ano xa nin saquei a licencia federativa. Non penso pagar para isto que é unha vergoña. .

Como afrontas esta cita e cales son os teus retos?

Sempre se pensa en mellorar as marcas. A miña está en 222,3 quilómetros en 24 horas. Agardo mellorala pero pode pasar de todo. Ir ben ou ir mal. Nunca se sabe.

Que diferencias atopas entre esta carreira e as anteriores probas nas que tes participado?

Alvi --a sede deste mundial-- leva celebrando o campionato do mundo varios anos. Está moi ben organizado. Non é un circuíto de 400 metros pechado, como o de Barcelona, senón que aquí tamén hai un circuíto exterior. Entón a volta son 1.500 metros. E isto a nivel físico tamén se vai a notar, porque non estás sempre tomando curvas e hai zonas de rectas máis longas. E iso a nivel físico e a nivel de marca teríase que notar porque o circuíto é mellor.

Esta é unha carreira moi especial para ti, vaslla adicar ao teu pai, non?

Evidentemente. Adicolla ao meu pai. Levo unha bandeira galega coa súa foto (emocionsase). Veño dunha carreira en Fisterra. O meu pai non está pero a loita contra as enfermidades raras continúa e tamén doulle todo o meu apoio ás princesas rett que hai moitas persoas con esta enfermidade dexenerativa e levo unha camiseta, tamén, para darlle voz a todas elas.

E, despois, que outros obxectivos ten Maite Rojo nomundo do ultra?

A verdade é que estou agora concentrada nesta carreira. Pero hai outras que me gustaría facer e outros moitos retos, tanto como foi o Camiño Primitivo, como algunha en Europa. Hai unha en Italia que era a San Remo-Milano, que quería participar pero xa non se organiza. Había moitas carreiras que se finiquitaron por pouco apoio e falta de cartos. Mesmo outro 48 horas tamén me gustaría facer. A seguinte proba será no lago Balatón, en Hungría, onde tamén corrín hai pouco. Estaría ben volver probar pero non sei se teño tempo e que mo poida permitir no traballo.

Pois moito ánimo e moita sorte Maite...

Graciñas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta