Rematou de 88ª tras correr 211 quilómetros, a 20ª muller e a primeira do Estado. Un reto que chega cinco semanas despois do gran desgaste físico que tivo nos 319 quilómetros do Camiño Primitivo.
  comenta   0
Xunto con outro compañeiro, Pablo Teijeiro, rematou unha ruta "infernal" na que o frío, a chuvia e vento da borrasca Martinho dificultaron moito este reto que facía para visibilizar as enfermidades raras. Sufriu "alucinacións" de non durmir, hipotermia e ventos de máis de 40km pero, finalmente, entrou no Obradoiro pasadas as 23 horas deste domingo.
  comenta   0
Maite Rojo, atleta, mariña e colaboradora do GC, inicia un novo reto. Percorrerá o Camiño Primitivo, 312 quilómetros, esta fin de semana dun tirón. Aínda que xa leva por diante numerosas probas coma esta, sempre hai un aquel de nervios antes do inicio. A corredora quere dedicarlle aos seus pais esta carreira pensando en visibilizar as dificultades que atravesan persoas con enfermidades raras e o tortuoso que pode ser para elas.
  comenta   0
Maite Rojo superou outro dos seus desafíos ao correr os 203 quilómetros do Camiño dos Faros en 38 horas e 45 minutos. Fíxoo sen sponsor, sen soporte oficial e só coa axuda dunha pequena lexión de amigos, familiares e incondicionais. O seu obxectivo, que este percurso sexa homologado como Ruta de Gran Recorrido (GR).
  comenta   0
A adestradora e ultrafondista Maite Rojo conseguiu unha nova fazaña. Quedou 8ª na esixente Ultr'Ardeche cun tempo de 28 horas e 46 minutos en 222 quilómetros e 3.500m de desnivel. A galega, logo do seu paso pola Spartathlon non para de dar sopresas. Estas son as súas impresións da carreira.
  comenta   0
Maite Rojo, ultrafondista e adestradora, a única galega en completar a carreira máis dura do mundo, a Spartatlhon, encara este sábado un novo reto; os 222 quilómetros da Ultr’ardeche, en Francia. Nesta carreira estarán os e as mellores do mundo. Estas son as súas impresións antes da carreira.
  comenta   0