Correr o Camiño dos Faros en menos de 48 horas, o novo obxectivo da ultrafondista Maite Rojo

A malpicá quere que este novo reto visibilizar a importancia deste camiño para que se homologue como Gran Recorrido.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/08/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Percorrer os máis de 200 quilómetros do esixente Camiño dos Faros en menos de dous días. Ese é o novo obxectivo da malpicá Maite Rojo, a mariña e ultrafondista galega que pretende con esta nova xesta que se homologue este fermoso roteiro como Ruta de Gran Recorrido (GR). 

A ultrafondista Maite Rojo cruzando o Estreito de Corinto na mítica Spartathlon
A ultrafondista Maite Rojo cruzando o Estreito de Corinto na mítica Spartathlon | Fonte: remitida

A colaboradora do Galicia Confidencial xa foi a primeira galega e segunda española que completou o Espartatlón grego, a carreira de 247,5 quilómetros que une Atenas con Esparta. E agora quere ser unha das primeiras mulleres que se atreva a percorrer os 200 quilómetros do Camiño dous Faros de forma seguida. A súa intención é comezar este mércores 23, ás 03.00 horas da madrugada e con saída en Malpica, para chegar pola tarde do xoves ao Cabo Fisterra.

É unha nova proba que se marca Rojo para tentar poñer en valor deste fermoso camiño. O desnivel positivo é de arredor 4000 metros, igual que o negativo.  Un desnivel positivo é a suma de distancias que se acumulan subindo durante un percorrido. E non lle ten nada que envexar aos Alpes. O pico Dufour, nos Alpes suízos ten 4.634 metros.

O camiño está pensado para facer en oito etapas. Pero Maite quere facelas todas dun tirón. As etapas son  Malpica – Niñons (21,3 km) – Ponteceso (27,1 km) – Laxe (25,3 km) – Arou (18 km) – Camariñas (23,8 km) – Muxía (32,6 km) – Nemiña (25,3 km) – Cabo Fisterra (26,9 km). A media estimada para cada etapa son nove horas.

O que o mantén e difunde, e quen o ideou, foi unha modesta asociación, O Camiño dos Faros, nacida en Malpica no ano 2013, co obxectivo de preservar e dar a coñecer este camiño, sempre baixo a premisa do respecto á natureza. Son elas os que a manteñen, sinalizan e promocionan ante o pouco apoio de certas institucións, especialmente, algúns concellos por onde pasa. Son eles os que levan anos pelexando por obter a súa homologación como Ruta de Gran Recorrido GR, aínda que non se logrou ata o momento. Por iso, co seu xesto, Maite quere dar un empurrón a esta loita dos trasnos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta