Temas: MúSICA

A Orquesta Panorama tamén é para os nenos

Panorama Kids, un musical para toda a familia, chega esta semana a Pontevedra. Un espectáculo musical a cargo da coñecida Orquestra Panorama. As entradas xa se poden adquirir a través da Internet.

Por GC Tendencias | | 11/11/2015 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Bicada, 2) acolle o vindeiro sábado 14 de novembro, en dúas funcións, ás 18.00 e ás 20.30 h., o espectáculo musical Panorama Kids desenvolvido e interpretado polos compoñentes da coñecida Orquestra Panorama.

Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo
Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo

Dirixido a toda a familia, Panorama Kids combina música, teatro, humor, e unha coidada posta en escena para que pequenos e maiores o pasen en grande. Ademais, nesta ocasión, a agrupación contará coa colaboración da actriz galega Genma Pardo, que guiará ao público polas reviravoltas do espectáculo. As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, como Ataquilla.com.

Panorama Kids
O musical nace con vocación de achegarse ao público infantil e xuvenil sen perder a propia esencia de Orquestra Panorama, a máis famosa das orquestas galega. O espectáculo, que comezou a súa xira en novembro do ano pasado, percorreu numerosos escenarios do territorio español e galego, e concluirá o próximo 21 de decembro cunha actuación no teatro Colón da Coruña.

Espectáculo Panorama Kids
Espectáculo Panorama Kids
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta