Santiago, contra que a Xunta traslade as emerxencias, A Estrada a favor da mudanza xa

Son varios os partidos que votan unha cousa en Santiago e xusto a contraria na Estrada, no referido a mudanza do 061 e 112. O futuro de 300 familias está en xogo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/11/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu onte o Comité de Empresa do 112 Galicia, complementando así a reunión mantida este martes coa Xunta de Persoal do 061. Logo, sumouse á concentración que os traballadores destes dous servizos realizaron no Obradoiro contra o traslado dos mesmos á Estrada.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o Comité de Empresa do 112 Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o Comité de Empresa do 112 Galicia

Martiño Noriega reiterou o respaldo do Concello, non só de de Compostela Aberta, a estas mobilizacións, por seguir considerando que "o traslado destes dous servizos non responde a ningunha xustificación operativa, prexudicando ademais a preto de 300 familias da cidade e da súa contorna".

Empregados e políticos composteláns levan meses de mobilizacións contra a mudanza. Con todo, a Vicepresidencia da Xunta teima no traslado, argumentado que vai centralizar na Estrada todas as emerxencias de Galicia. O Goberno asegura que a decisión está tomada, pero aínda non a executou.

O PP en Santiago votou en contra do traslado. Lóxicamente, o alcalde da Estrada, José Carlos López Campos (PPdeG). defende a postura contraria. López Campos quere que a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) comece pronto a mudanza a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). O político promeveu este mes un pleno para meterlle presión a Xunta, e logrou o respaldo unánime da súa oposición.

Non é o PP o único partido no que hai contradicciońs. Na Estrada PSOE e BNG votaron a prol do traslado inmediato, mentres que en Santiago están en contra. Por exemplo, Paco Reyes(PSOE)  pregúntase se o traslado do 061 e 112 a A Estrada resposta a un "afán privatizador" da Xunta.

O local actual que as dúas centrais (061 e 112) utilizan foi cedido e, polo tanto, non conleva gasto de aluguer para a Xunta. Varios colectivos da sociedade de  Compostela -Foro Galego, Asociación de Hostalería, etc.- está en desacordo da decisión da Xunta de Galicia; mentres o contrario sucede na Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta