Orzamento de 350.000 euros para 858 centros educativos públicos para fomentar o galego en centros públicos

Así figura nunha resolución que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa listaxe de colexios, institutos e centros de FP beneficiados por esta liña de subvencións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2024 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta concedeu axudas por un total de 349.869 euros a 858 centros educativos de titularidade pública para desenvolver proxectos que fomenten o uso do idioma galego durante o curso 2023/24.

Así figura nunha resolución que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa listaxe de colexios, institutos e centros de FP beneficiados por esta liña de subvencións.

A maioría de centros que reciben estas axudas están situados nas provincias de Pontevedra (333) e A Coruña (330), seguidas de Lugo (116) e Ourense (79).

Ademais, a resolución recolle o tres centros que quedaron excluídos por presentar a solicitude fóra de prazo: o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense, o CIFP de Vilamarín e ao CEIP García Barbón de Vigo.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta