Alianza de Compostela, Lalín e Silleda por unha autopista máis barata

Boa sintonía entre os alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda. Martiño Noriega (Compostela Aberta), Rafael Cuíña (Compromiso por Galicia) e Manuel Cuíña (PSdeG) acordaron hoxe facer presión en común para lograr unha rebaixa da autopista que une Santiago e Silleda.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2015 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Na actualidade a peaxe do tramo Santiago-Lalín Oeste custa 5.95€. Isto fai da concesionaria ACEGA beneficiaria dunha das vías de alta capacidade máis cara do Estado.

Reunión dos alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda
Reunión dos alcaldes de Santiago, Lalín e Silleda | Fonte: Rafa Cuíña Twitter

Os alcaldes  acordaron hoxe nunha reunión remitir un informe común ao Ministerio de Fomento.  Martiño Noriega declarou tras a xuntanza no seu despacho en Raxoi que o prezo da autopista prexudica ao comercio e a transporte das tres localidades. Rafael Cuíña e Noriega destacaron o carácter cordial da xuntanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Alberte

Autopista? Viva o jallejo faciliño!

2 Agetas da Tarjeta

Mal Rafa, moi mal, Non te xuntes con quen te veta.

1 Nely Hurtado

Cuiña e Noriega, Noriega e Cuiña. Futuro próximo da política galega