Temas: BALTAR OURENSE

Os peores momentos políticos de Baltar

O presidente da Deputación de Ourense insiste en que hai unha estratexia política para presionalo e "atacalo en todas as frontes". Besteiro pídelle a Feijóo que "tome medidas" ante unha situación que "vai a peor".

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"Hai ruido, hai presión... Pero isto vai pasar". O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, recoñecía hai unhas semanas nunha entrevista ao GC a complicada situación política que está atravesando tras a denuncia dunha muller ante a Fiscalía que o acusa de ofrecerlle sexo a cambio dunha praza no organismo provincial.

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense | Fonte: FB J.M. Baltar

Unha presión que o acompaña desde hai un mes e que tamén salpica ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, moi pouco dado a saír en defensa do líder do seu partido en Ourense. Pero as eleccións xerais están moi próximas e non son momentos de poñer en dúbida aos seus dirixentes. "Toca aguantar e cando pase xa veremos a onde chega todo isto", apuntan fontes consultadas por GC.

De feito, no PP de Ourense están convencidos de que esta denuncia non é casual. "Presentouse xusto o mesmo día que se convocaron as eleccións", lembraba Baltar que asegura que detrás disto ha unha "estratexia política". Pero, quen está detrás de todo isto?.

As fontes consultadas falan de dúas hipóteses. Por unha banda, apuntan cara o PSOE de Ourense, sobre todo, din, polas vinculacións que existen entre o medio que publicou a exclusiva e cargos socialistas. Pola outra, cara o propio Partido Popular. E, nos últimos días, son máis os que ven detrás desta denuncia a man negra de Rogelio Martínez, ex delegado provincial da Xunta en Ourense, e que foi relevado do seu cargo pola súa imputacion xudicial e polas presisións, que din, exerceu o propio Baltar.

A estratexia do presidente da Deputación de Ourense foi a mesma desde que comezou esta crise; decir que descoñece a denuncia e anunciar que dará conta dela ante a xustiza se o chaman a declarar. Unha estratexia que, sen embargo, lle está provocando problemas, entre eles, a dimisión do comité de ética que el mesmo creou e a insistencia da oposición de pedir expliacións tanto no pleno provincial como na Cámara galega.

Este mesmo venres, agás o PP, todos os grupos da oposición acabaron abandonando reunión plenaria en Ourense en protesta pola decisión de Baltar de impedir o acceso a un grupo de persoas que pretendían acceder á sesión.

O presidente provincial insiste en que se trata dunha campaña política contra el. Defendeuse aducindo que esas persoas non estaban convidadas e desvelou mensaxes nos que se animaba a ir a por el en cada fronte posible.

"Eu teño entre as miñas responsabilidades permitir o normal desenvolvemento das sesións", apuntou o presidente da Deputación Provincial, e subliñou que chegaron ao seu coñecemento mensaxes de "significados militantes" doutros partidos, entre eles "un WhatsApp movilizador no que se di que os que poidan debían acudir para pedir a dimisión de Baltar" con carteis e apoiando a estratexia de "atacar en todas as frontes".

Pola súa banda, o portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, Ignacio Gómez, anunciou que este grupo denunciará a "situación lamentable" do pleno "secreto" deste venres e as agresións recibidas por deputados socialistas, entre eles por el mesmo.

Tamén o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu ao presidente do Goberno galego e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de que, ou toma medidas respecto da situación que se vive na Deputación de Ourense, ou "isto vai de mal peor".

"Ou alguén lle pon fin a esta situación ou isto vai de mal a peor", insistiu o portavoz socialista, quen lembrou que non é o único incidente na institución provincial vivido no ente provincial tras lembrar o precedente nun pleno extraordinario onde "non compareceu quen sostén a institución da Deputación de Ourense", un feito que cualificou "inadmisible".

Temas: BALTAR OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ana

Mais me preocupa a situacion de Ourense. A situacion de paro, emigracion, a situacion demografica, a situacion do sector lacteo, a pouca industrializacion da provincia, etc. Ourense precisa un cambio e urxentemente. O pobo de Ourense deberia ser o primeiro en esixir que desaparezcan as deputacions e o que se aforre que se invirta en apoiar iniciativas de emprendedores ou axudar a familias en situacion de pobreza.

1 45qA

As previsións demográficas da provincia de Ourense indican que dentro de 15 anos xa non nos teremos que preocupar por esas cousas que comentas xa que van morrer de vellos o 50% da poboación da provincia. O restante 50% traballará na Deputación e nos Concellos e haberá pleno emprego.

2 Gamela

A ver cando asistimos á defenestración de quen tanto presume de transparencia !!! Vergoña dá ter que aturar as desculpas de mal pagador deste fillo do seu pai !!!

1 cachamuiña

Baltar, estás NOMINADO. Desta non te libras