Temas: PP CORRUPCIóN

O alcalde de Dozón deixa temporalmente o PP até aclarar a súa situación xudicial

O seu fillo, tamén detido e tenente alcalde da localidade, non pide a baixa do PP porque "non está afiliado"..

Por Galicia Confidencial | Dozón | 28/11/2015 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O alcalde do municipio pontevedrés de Dozón, Adolfo Campos, detido este venres por presunta fraude en cursos de formación, pediu a "baixa temporal" do PP "mentres non se aclare a súa situación xudicial".

Adolfo Campos, alcalde de Dozón, do PP, detido por fraudes en cursos de formación
Adolfo Campos, alcalde de Dozón, do PP, detido por fraudes en cursos de formación | Fonte: La Sexta

Campos, un dos seus fillos, que é tenente de alcalde dese municipio, e dous sobriños foron detidos pola Garda Civil na denominada operación Qatedra, que investiga unha suposta fraude en cursos de formación con subvencións públicas.

O PP de Pontevedra sinala nun comunicado que con esa decisión "Campos quere salvagardar e non prexudicar os intereses do partido ata que non se aclaren os feitos".

"O alcalde aclara que a causa aberta nada ten que ver coa súa xestión no municipio de Dozón, senón cunha investigación sobre o grupo de empresas nas que non exerce tarefas executivas desde fai máis de dez anos e nas que se limita a unha presenza honorífica", apunta o PP.

O seu fillo, que se chama tamén Adolfo Campos e é tenente de alcalde de Dozón, "non solicita a baixa porque non está afiliado ao PP", precisa a nota acerca deste, que tamén foi arrestado na citada operación

Temas: PP CORRUPCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta