Caballero promete arranxar o PXOM: "Na miña cidade solucionamos todo"

O Tribunal Supremo anula a ordenación urbanística de Vigo. O alcalde culpa á Xunta, o PP pide a súa dimisión. A Marea local reclama un novo plan e lembra que a actual concelleira de urbanismo foi a conselleira que aprobou indebidamente o texto.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/12/2015 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A maior cidade de Galicia queda sen Plan Xeral de Ordenación Municipal, segundo unha sentencia do Tribunal Supremo. O alcalde olívico comprometeu hoxe tratar de solucionar o problema o antes posíbel. A sentencia ameaza con limitar o desenvolvemento urbanístico da cidade pero Caballero comprometeu que “na miña cidade o resolvemos todo”. 

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: moicelestes

Abel Caballero culpa a Xunta da sucedido por realizar un “trámite indebido”. En concreto, o edil recorda que foi o Goberno Galego quen autorizou o PXOM en 2008 sen requirir o preceptivo plan de avaliación ambiental estratéxica.

En 2008 a consellería responsábel da política urbanística era María José Caride. A militante socialista é precisamente hoxe a concelleira de Urbanismo no goberno de Caballero. O alcalde convocou aos medios para dar máis explicacións. O líder socialista comparecerá as 17 horas deste martes.

A denuncia inicial púxoa Alternativa Veciñal de Vigo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desbotouna. O Supremo agora estímaa declarando nulo o PXOM.

A oposición non tardou en pedir responsabilidades. “Caballero debe dimitir e pedir perdón”, proclama Elena Muñoz.  A ex-conselleira do PP argumenta que Caballero e Caride son os causantes da lea, polo que non terían lexitimade para arranxar o problema.

Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M
Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M

Dende a Marea de Vigo, sinálase que “hai responsabilidades políticas nesta anulación pois a conselleira da Xunta naquel momento era a actual concelleira de urbanismo”. A coalición de esquerda pedirá a comparecencia de Caride para explicar as consecuencias desta anulación.

“O alcalde Abel Caballero foi o que presionou á Xunta para a aprobación deste plan”, argumentou o edil Rubén Pérez hoxe en rolda de prensa. Na súa opinión, saltarse o estudo ambiental foi algo premeditado. A Marea de Vigo levaba no seu programa a redacción dun novo proxecto.

A Confederación de Empresarios de Pontevedra xa prepara unha reunión para abordar este tema, que afecta non só a vivendas, senón a numerosos sectores económicos da cidade olívica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 cachamuiña

Por que non o traedes vós a dar un mitin a Galicia?

4 Ana

¿Pq non se invita a Alberto Garzon aos debates?. ¿Teran medo as elites a que escoitemos as suas propostas?. Garzon é o unico que fala de proceso constituinte, de republica e traballo garantizado. Esixamos a sua presenza no debate decisivo!. Os outros 4 partidos basicamente defenden o mesmo: o euro, a OTAN, o pago da debeda, a monarquia... en definitiva o rexime do 78 e que siga todo practicamente como esta en beneficio dos de sempre.

3 comunista independentista

Grazas á Marea, agora en Vigo hai alguén facendo oposición.

2 Vito

Caballero, ya fracasaste en infraestructuras con Felipe, si el partido ya cobró todos los trinques de Pepiño del aeropuerto de Santiago, el puerto de A Coruña, que pasa en Vigo?, No das la talla? No queremos estar en los periódicos Vito Corleone

1 cachamuiña

Sr. Caballero: Aínda que vostede o crea, a cidade de Vigo non é súa¡¡¡¡¡¡¡