Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 18:53
O exlíder do PSdeG Gonzalo Caballero manifestou a súa oposición a estender o modelo do concerto económico e "romper o réxime común" nun escenario político marcado polo pacto de PSC e ERC, á vez que esgrimiu que a súa formación, que agora dirixe José Ramón Gómez Besteiro, "debe apostar pola igualdade e o benestar".
Así o transmitiu a través das redes sociais despois de que transcendese o pacto en Cataluña e de que Besteiro manifestase o seu apoio a un financiamento "singular" para a autonomía catalá, ademais de remarcar que é unha demanda que os socialistas galegos teñen para a súa comunidade.
En fronte, Caballero difundiu unha mensaxe no seu perfil da rede social 'X' onde traslada que "desde Galicia, e como socialista" defende "a cohesión social" e "a solidariedade interterritorial no financiamento autonómico".
"Non me gusta estender o modelo do cupo/concerto, nin comparto a ordinalidad, nin romper o réxime común. O PSdeG debe apostar pola igualdade e o benestar", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.