Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2025 | Actualizada ás 12:16
O BNG defenderá no pleno desta semana unha reforma da Lei do deporte de Galicia para impulsar a igualdade efectiva entre homes e mulleres e combater a discriminación tanto ás mulleres como á comunidade LGTB.
Segundo explicou a formación nacionalista nun comunicado, propón medidas de promoción e conciliación, o impulso das seleccións galegas femininas, o equilibrio nas retransmisións deportivas dos medios públicos ou a igualdade, tanto económica como de recoñecemento social, dos premios a deportistas financiados pola Xunta.
Así, o deputado nacionalista Iago Suárez, que defenderá no pleno a proposta, asegurou que Galicia ten unha Lei do deporte "desactualizada do ano 2012" que "non dá resposta" ás necesidades deportivas actuais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.