O BNG lembra que o xuíz que lles toma declaración foi alto cargo co PP

“Queren ter a foto dos dirixentes do BNG na Audiencia Nacional en plena campaña electoral”. Isto foi o que denunciou Bieito Lobeira cando trascendeu que el e Xavier Vence debían declarar como testemuñas nun proceso sobre se Causa Galizia participa en Resistencia Galega. E isto foi o que volveu a denunciar hoxe o secretario de organización antes de entrar na Audiencia Nacional, malia que o propio BNG está a distribuír imaxes da súa chegada ao xulgado.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/12/2015 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

En declaracións de Lobeira en Madrid, o xuíz Eloy Velasco cumpre unha estratexia deseñada polo "laboratorio de ideas do PP" para "borrar do mapa" aos nacionalistas. O político argumenta que se a chamada a declarar coincide coa campañ non é "casual", senón porque se busca "a fotografía de responsables do BNG entrando na Audiencia Nacional en plena campaña".

Lobeira, número 2 do BNG, entra a declarar na Audiencia Nacional sobre Resistencia Galega nunha foto difundia polo BNG no Twitter
Lobeira, número 2 do BNG, entra a declarar na Audiencia Nacional sobre Resistencia Galega nunha foto difundia polo BNG no Twitter

Lobeira cualificou a Audiencia Nacional de "tribunal de excepción" pois "non é un ente neturo, é un señor que foi alto cargo do Partido Popular". Velasco foi director xeral na consellería de Xustiza durante dous dos gobernos de Eduardo Zaplana.

Vence, voceiro nacional do Bloque, comparecerá o 21 de decembro, o día despois das eleccións; tras ser aplazada a comparecencia inicial, prevista para onte día 14.

A Xustiza acusa aos membros da directiva Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.

Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”.  Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.

Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como  "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".

Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Zé da Terra

Queren (os españolistas) ter a foto do BNG declarando e o propio BNG difunde a foto????? Lobeira é curto ou estanos a tomar o pelo! Xa cheira demais, fede: o Bloque non se aclara coa loita armada, quere quedar ben con todos, e quedan sen máscara: uns titiriteiros acomodatícios do sistema, que proclama unha cousa e actúa doutra. Non son de fiar. E que ninguén penso que defendo o Beiras, que se pasou ao españolismo de xeito descarado, vou de volta dos vendidos.

1 comunista independentista

O de chamarlle "españolistas" aos independentistas como Beiras é algo que facían moito os do PNV cos líderes da esquerda abertzale. Vese que na UPG aprenderon ben.

2 Zé da Terra

De UPG nada comedor de patacas, aprende a ler, eu non me fio do BNG, non obedezo consignas de aparato, nis dos da UPG nin do PCE, que para min o mesmo é, salvo o españolismo, ao que vos arrimastes ti e o Beiras. Beiras, que sempre foi un figurante (tamén no BNG, por suposto, ao servizo da UPG que agora tanto vos proe) renega da capacidade dos galegos para autodeterminarse, vendeuse ao centralismo madrileño, primeiro con IU e agora con Podemos (o PsoEspañol refundado arredor da complutense). Beiras é o maior traidor do nacionalismo, o Ramón Piñeiro de comezos do século XXI, e os do BNG merecen quedar fóra das institucións. Aclarado ou queres que cho repita? Que hai vida fóra do Bloque e dos mareados españolizados!

3 Comunista

Ze, outro francotirador hipercrítico que coa súa posición "Nin-Nin" fachendea unha falsa pose de superioridade moral que oculta un máis que provábel complexo de inferioridade. Hai moito mediocre a insultar o Beiras. Son incapaces de facer unha lectura analítica correcta do momento histórico e por iso ravean confusos. Aliás, Beiras pasará á historia como un emancipador do pobo galego, os mediocres quedarán borrados.

4 Zé da Terra

Disimula comunista falsario, a superioridade ou supremacía é a que amosa o Beiras cada vez que abre o pico fino: "os do monte", "Africa", "La Rioja"... Non me vas ti nin o señorito do ego subido dar leccións de humildade. Evidentemente non podemos xulgar se a postura do Beiras e adoradores é hoxe a certeira, para iso van ter que pasar anos. Si podemos e debemos sinalar que as teorías do Beiras do pasado eran moi erradas (O atraso...), que como político non pasou de ser minoritario (esnafrouse co PSG, subiu o BNG, estancouse e baixou sendo dirixente, deixando un golfiño --literal-- de sucesor) e, tamén, que non facilitou a unidade dos galegos (xustamente fixo o contrario en momentos decisivos, sen quitarlle responsabilidades ao BNG). E non debe ser tan importante cando para mitinear, completando aforos, precisades traer a Pablo Iglesias. En fin, que outros non precisamos de deuses de barro autóctonos nin importados para ser galegos.

1 independentista liberal-social

0 21-D como Nós saque 2 ou 3 escanos e outras forzas de distinto signo que foron silenciadas nesta campaña (PNV, EH-Bildu, CC, UPyD, IU-UP...) teñan un bo resultado, ós de A3Media e Mediaset dálles un ataque. Eles, sen esquecer algúns erros do BNG no pasado, son os principais responsables de querer exterminar ó nacionalismo galego. Xunto coa colaboración de Anova. Pois AGE nas autonómicas podería ter sentido como forza galeguista polo ámbito territorial no que actuou. Incluso as Mareas municipais ou AGE nas europeas (foi un erro do BNG ir con Sortu, herdeiros de HB, que sería a outra opción de Anova). Pero ir cunha forza arrogante, oportunista e leninista como Podemos; mentres se deixa indefenso ó nacionalismo galego nun contexto, ademais, de censura mediática dos "media" privados; provócame unha profunda decepción cara Anova e cara a figura de Beiras.Espero que a maioría de vós votedes por NÓS.

1 Independentista liberal-sociaI

A ilo hai que sumarlle as canalladas dun sistema xudicial parcialmente corrompido, como podemos apreciar nesta noticia. Pois o BNG sempre condenou o terrorismo.

2 FUN_EU

O noxo e asco que dan os corruptos do PPSOE é de Guinnes: A xustiza tomando lustros para rematar cas imputacións, xogando á política cas sospeitas da xente ("mais vale mao coñecido que bó por coñecer", coma se os estivera escoitando); Os PPsoeiros acusando de falsedades que realmente cometen eles; o franquismo colado no sistema democrático cos parabéns dos medios de comunicación...etc. Deus, qué ben se lles está vendo a pluma! Para terroristas eles! Matóu máis xente calquera dos que fixeron que se suicidase algún expropiado, deixase de ser atendido alguén no Sergas ou morrese algún pobre na rúa polos nazis do PPsoe ou de frío e fame, que calquera de resistencia galega...E agora queren implicar ao BNG? TONTADAS!