A Audiencia Nacional condenou a un home por un delito de encubrimento dunha muller sobre a que pesaba unha condena de seis anos de cárcere polo Tribunal Supremo.
  comenta   0
Está acusado delito de encubrimento por axudar a ocultarse a unha integrante do grupo separatista condenada a seis anos de cárcere polo Tribunal Supremo.
  comenta   1
A publicación dunha web e dun boletín son as bases da Fiscalía General del Estado para argumentar que a banda pode dar un salto cualitativo nas súas accións, malia que en 2016 nada fixo.
  comenta   9
Foran arrestados este mércores en varias localidades de Galicia no marco dun operativo da Audiencia Nacional por un presunto enaltecemento do terrorismo.
  comenta   8
A deputada conservadora acusa a líder de Podemos Galicia de apoiar ao que La Voz define como "brazo político de Resistencia Galega". Santos respóndelle lembrándolle os moitos casos de corrupción do PP, incluída a citación do presidente do Goberno para declarar no xuízo da Gürtel. Chíos no interior.
  comenta   7
Tirando da aplicación do novo Código Penal (2015), o Tribunal Supremo rebaixa as penas de dous condenados por militar en Resistencia Galega. Ademais, nun voto particular un maxistrado protesta porque se lles aplique a estes mozos a mesma dureza que a ETA, cando se enxuíza sabotaxes e non asasinatos.
  comenta   0
Unha investigación de Mikel Buesa e Thomas Baumertb demostra que tan só o 54% das detencións acabaron nalgún tipo de sanción legal e que a disuasión "provoca unha reacción negativa de novos ataques cando se apunta ao núcleo do grupo". O estudo cifra en case 3 millóns de euros os danos causados por Resistencia Galega, unha cantidade que "non é importante", segundo os analistas.
  comenta   8
A investigadora Helena Domínguez García pon o xornal coruñés e o ABC como exemplos de intoxicación mediática e de altofalantes da propaganda do Goberno sobre o fenómeno de Resistencia Galega.
  comenta   19
"Matar fachas e Txakurras non é delito... é o meu deporte favorito" ou "Ke ben arde... a madeira jejejeje" son algúns dos comentarios da conta de Xabi Canarias Galiza.
  comenta   0
Joam Peres é un dos imputados na "Operación Jaro", na que a Policía detivo a directiva de Causa Galiza por presuntamente enaltecer o terrorismo. Este domingo 50 organizacións convocan unha manifestación "polos dereitos civís de todos". Os apoios, e ausencias, nesa marcha e o papel dos medios de comunicación tras as detencións son algúns dos temas desta entrevista.
  comenta   2
O Tribunal Supremo anula a condena por tenencia de explosivos ao que sigue chamando "colaborador de Resistencia Galega", Carlos Calvo Varela, ao entender que "xa foi condenado polos mesmos feitos en decembro de 2014", debido a que, segundo lembra o tribunal, dous actos de tenencia de explosivos temporalmente diferenciados constitúen un só delito se entre un e outro a persoa non foi detida ou imputada.
  comenta   0