Rouban licor café por valor de 150.000 euros

No país subsiste un importante mercado negro de licores, sobre todo na hostelaría. Malia que as forzas de seguridade perseguen delitos como o desta semana en Narón, hai tolerancia social ao comercio ao por menor de botellas que non levan a súa correspondente etiqueta -e polo tanto non pagan impostos nin levan o control sanitario preciso- ou que se venden por canais á marxe de Facenda.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/12/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Policía e a Guarda Civil da Comarca de Ferrolterra andan detrás dos que marcharon con palés enteiros de bebidas alcólicas dunha empresa de distribución no polígono das Lagoas, preto de Narón.

Caixa de Licores Premium Devanceiros, producidos por Novalicor Auria en Allariz
Caixa de Licores Premium Devanceiros, producidos por Novalicor Auria en Allariz

O volume dos licores roubados é enorme. De feito, a Policía sospeita que os ladróns tiveron que meter na nave un camión pesado para sacar a mercadoría e de aí trasladala a un almacén propio. Os palés roubados contiñan diversas bebidas pero, sobre todo, licor café. 

Este mercado ilegal dispárase pola época de Nadal. De feito, parece que hai algunha banda especializada nestes golpes. E é que unha empresa de Ribeira similar a de Narón denunciou este verán un roubo similar. Nese caso apareceron case todas as botellas, pero nin rastro dos presuntos delincuentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Doutor Ghu

Vaia prea que van coller! Atención nas feiras, non vai ser que vaian vendendose as botellas...

1 Remigio

E non será un truco para cobrar un seguro?