Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/07/2025 | Actualizada ás 20:13
Unha desenvolvedora galego-arxentina creou a aplicación 'Falta-un', que permite aos usuarios organizar e asistir a partidos de fútbol, tenis, pádel ou baloncesto en segundos e de maneira gratuíta, así como completar equipos nos que falta algún participante.
Así, esta iniciativa chega para tratar de axudar a aquelas persoas que cheguen a unha nova localidade e non atopan compañeiros para xogar ou pistas dispoñibles. Ademais, a aplicación pretende tamén integrar as reservas de pista, lanzar un sistema de valoracións e asociarse con outras comunidades do sector como Playtomic, entre outras.
A idea, explican, é que un xogador poida crear, por exemplo, un partido de pádel e, cando lles falte un xogador, colocar a dirección onde se celebrará o encontro e, nese momento, outra persoa que teña intención de xogar poida unirse a ese partido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.