Xuízo contra un empresario por estafa na venda dunha escavadora

A Audiencia Provincial celebra este mércores o xuízo tras ser aprazado en xullo por unha indisposición do acusado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/09/2024 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acollerá este mércores o xuízo contra un empresario acusado dun delito de estafa na venda dunha escavadora. A vista foi aprazada en xullo por unha indisposición do acusado.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, os feitos sucederon en xuño de 2019 cando o procesado, en condición de administrador e socio único dunha empresa, concertou a venda dunha escavadora usada de uso industrial por importe de 112.530 euros a outra empresa.

Para facer fronte ao abono do importe, as partes acordaron un pago de 76.230 euros e a entrega da escavadora. Para iso, o denunciante contratou leasing coa súa entidade bancaria, polo que foi o banco quen comprou a escavadora e cedeu o uso ao denunciante a cambio de sesenta cotas mensuais.

"O acusado recibiu a cantidade de 76.230 euros, sabendo que non podía entregar a escavadora adquirida, xa que carecía de poder de disposición sobre a mesma e non procedeu á devolución do diñeiro", segundo explicou o Ministerio Público. Por iso, o home enfróntase a unha pena de dous anos de prisión, así como deberá indemnizar á empresa coa cantidade que se determine en execución de sentenza.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta