Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2024 | Actualizada ás 18:31
As desavinzas e rivalidade entre dous clans familiares están supostamente detrás dun incidente acontecido na mañá deste martes en Ferrol.
Presuntamente dous vehículos protagonizaron unha persecución por varias estradas e rúas desta cidade, desde un asentamento de persoas de etnia xitana ata a altura do número 24 da rúa Río Xuvia, onde un dos vehículos detívose. Un dos seus viaxeiros baixouse e acto seguido foi atropelado, de maneira intencionada, polo outro automóbil.
Segundo fontes policiais consultadas por Europa Press, tras atropelar ao home, o outro condutor baixou do habitáculo do seu vehículo cunha aixada na man, en ton ameazante para, acto seguido, emprender a fuxida do lugar.
De inmediato, e debido a que a escena foi vista por varios veciños do Ensanche, se personaron no lugar tanto axentes da Policía Nacional como da Policía Local de Ferrol, mentres que dous dos mozos foron levados ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, tras resultar feridos.
Na zona quedou un dos vehículos que protagonizou a persecución, que sufriu danos, mentres que o outro escapou e agora está a ser buscado polos efectivos policiais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.