A Xustiza anula 50 multas das protestas das preferentes

Dos máis de 1.800 millóns de euros investidos no seu día, faltan por recuperar aproximadamente 100 millóns de 10.000 persoas, segundo datos da Plataforma de Afectados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Este martes está a celebrarase en Compostela o xuízo polo recurso presentado contra unha multa  da Subdelegación do Goberno durante un acto de protesta dos afectados polas preferentes.

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior
Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior | Fonte: Miguel Núñez

De acordo a Coordenadora Galega de Afectados por Preferentes e Subordinadas o incidente sucedeu "cando unha compañeira tentaba dirixirse ao expresidente de Uruguai, José Alberto Múgica, en visita oficial a Compostela, estando presente Feijóo, e co obxectivo de trasladarlle a problemática na que poderían estar inmersos galegos na emigración". 

Segundo datos deste colectivo, a práctica totalidade das multas recorridas foron falladas a favor dos sancionados nos máis de cincuenta xuízos celebrados no último ano. A Plataforma de Afectados de Compostela reclama que se identifique aos autores das ducias de denuncias e multas impostas a membros das plantaformas "sen ningunha causa nin xustificación, como acreditan as perto de 50 sentenzas favorábeis ás persoas denunciadas". O valor das multas que a Xustiza declarou ilegal supera os 20.000 euros.

Malia que a maioría dos afectados xa lograron recuperar o seu diñeiro, o colectivo citado asegura que faltan por recuperar aproximadamente "100 millóns de 10.000 persoas espoliadas". A Plataforma de Compostela reclama a ABANCA  e aos gobernos do PP no Estado e na Xunta que se depuren as responsabilidades económicas e penais dos autores desta estafa. Ademais, piden unha comisión de investigación no Parlamento.

Afectados polas preferentes na manifestación do 1º de maio en Vigo
Afectados polas preferentes na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Homenaxe para Os Guerreiros do Sol : https://youtu.be/MLN5Wl6bgFQ?t=9m40...

1 Gamela

Sempre pensei que se non fora por eles (esta pandilla marabillosa!) os bancos terían as mans libres para roubarnos a todos o que quixeran e moito máis... Foi a súa valentía durante máis de 20 MESES tocando bocinas e ás portas das caixas de aforros en Galicia enteira que puxeron límite ao peor desta mal chamada "crise económica" (e ninguén lles fixo aínda a homenaxe que merecen!) // E por suposto que tódolos Delegados do Goberno deberan pasar pola pedra por Prevaricadores!!! // Gracias aos Guerreiros do Sol : https://flic.kr/p/nDusb4