Temas: I+D

As terrazas e as piscinas tamén poden ser para o inverno

Acabouse o Nadal máis amábel que se recorda no país nas últimas décadas. Os temporais do duro inverno comezan a sucederse un tras outro, como é común en Galicia, limitando o aproveitamento das áreas ao aire libre das casas e fincas. Terrazas, solainas, áticos, balcóns, piscinas, etc. quedan fóra do noso alcance durante, habitualmente, todos os meses da invernía, reducindo asemade o valor destas propiedades para vendelas ou poñelas en aluguer.

Por GC Emprende | A Coruña | 07/01/2016 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Para solventar este problema, cortinadecristal.net presenta unha solución innovadora, produto do seu traballo en I+D+i: as cortinas de cristal. Trátase de cerramentos de vidro temperado, dunha instalación moi cómoda, barata e simple.  O seu obxectivo principal é mellorar a habitabilidade dos espazos exteriores sen levarse por diante a estética do lugar e sen reducir a súa luz e as vistas. Os cerramentos sen perfís e abatibles son moi polivalentes, poden incorporarse a todo tipo de espazos exteriores, incluso funcionar como novos teitos de piscinas exteriores.

Terraza dun bar pechada con cortinas de cristal
Terraza dun bar pechada con cortinas de cristal

Dende un punto de vista do peto, é  relevante ter en conta que instalar este tipo de peches e empregalos de xeito adecuado pode permitirnos reducir o gasto económico en calefacción, pois a estrutura da nosa casa recibirá menos impacto do vento e da choiva e, en definitiva, estará mellor illada. 

Ademais, durante as horas do día as cortinas de cristal poden plegarse doadamente, permitíndonos aproveitar a luz do sol e o aumento de temperatura, mentres que pola noite ou en caso de mal tempo, poderemos desplegalas para illar por completo ese espazo das inclemencias meteorolóxicas. Ademais, coas cortinas plegadas, o volume de ruído que chega do exterior será tamén sifnificativamente menor, aumentando deste xeito o confort da nosa casa.

As persoas interesadas nestes cerramientos abatibles poden solicitar un orzamento en liña. Cómpre, iso si tomar as medidas do espazo a cubrir antes e decidirnos a cor dos perfís. 

Temas: I+D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta