Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 13:52
A oitava edición da feira Etiqueta Negra, de produto gourmet galego e innovación inspiradora, celebrarase os días 9, 10 e 11 de novembro, no Recinto Feiral de Pontevedra, en horario de sábado e domingo de 11 a 21 horas e o luns de 11 a 20 horas.
Trátase dunha cita fundamental para os profesionais, tanto comerciantes polo miúdo, tendas de produto delicatesen, como para os distribuidores e o sector da hostalaría, restauración e catering.
Entre o seu público non faltan os estudantes das escolas de restauración CEIF Carlos Oroza e da Mancomunidade do Salnés, críticos gastronómicos e investigadores, pero tamén vai dirixida ao consumidor final de todas as idades, amantes e entusiastas da boa cociña e a gastronomía. O prezo da entrada é de 3 euros e hai un abono de 5 euros para o tres días.
Haberá un centenar de expositores que presentarán 20 produtos novos, máis de 90 actividades e todos os protagonistas do sector.
Os organizadores destacan que Etiqueta Negra constitúe unha "oportunidade única" para coñecer o conxunto da oferta de alta gama galega, xa que reúne a produtores e produtos nun mesmo punto.
TALLERES, CHARLAS E ESPECTÁCULOS
Xunto á zona expositiva, en Etiqueta Negra desenvolveranse ademais espectáculos de cociña en directo, charlas, presentacións de empresas, de produtos e de novas liñas gourmet, degustacións, demostracións, exhibicións, catas comentadas e outras moitas actividades que se van a suceder durante o tres días que dura o evento.
Grandes referentes da gastronomía daranse cita nesta oitava edición. Dous chefs acenderán os fogóns da cociña no anfiteatro na tarde do sábado: son Mar Orosa, do restaurante ribadense O Oviedo (ás 17,00 horas) e Lydia do Olmo, do restaurante ourensán Ceibe, cunha Estrela Michelin (ás 18,30 horas).
O chef grovense Javier Oleiros estará nesta edición de Etiqueta Negra, o domingo 10 ás 17,00 horas, xunto á Misión Biolóxica de Galicia, para ofrecer unha demostración de cociña en directo coa que se quere reivindicar o valor dos cultivos autóctonos e o seu uso na restauración de alta gama.
Baixo o título 'Culler de Pau e a Misión Biolóxica de Galicia: ciencia, sementes e cociña', Oleiros, distinguido con dúas Estrela Michelin e unha Verde, elaborará tres pratos: un con avena moura, outro con nabiza e un último con flores e plantas da horta como ingredientes principais, combinando sabores tradicionais galegos cun enfoque innovador.
Neste showcooking daranse a coñecer tamén as iniciativas froito da colaboración entre a Misión Biolóxica de Galicia, Culler de Pau e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, destinadas a pór o foco na recuperación da biodiversidade, avanzar cara unha alimentación máis respectuosa social, económica e ambientalmente, así como resaltar a importancia da investigación e dos produtores e agricultores do campo galego e a súa repercusión na cociña.
Ademáis, o sábado ás 13,00 horas, o chef Alberto Fernández, do restaurante Pallabarro, porá en valor os produtos de proximidade nunha exhibición patrocinada por Autóctonas Gourmet.
Adrián Felípez protagonizará o showcooking con maridaxe de cervexas 1906 da tarde do luns. El é o chef-propietario do Restaurante Faragulla Founder Rosmon Burger. Director AF Gastroconsulting, é relator habitual en encontros gastronómicos internacionais. Felípez vén desenvolvendo a súa carreira xunto a grandes nomes da cociña como os irmáns Roca ou Albert Sastregener en restaurantes como o Celler Can Roca, Bo.Tic ou PuntoMx.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.